O vindeiro sábado 28 de febreiro ás 21h na casa da cultura Castelao de Santa Lucía presentaremos a candidatura do BNG-ASEMBLEAS ABERTAS de Moraña.
Intervirán no acto varios integrantes da nosa candidatura e tamén o noso cabeza de lista Marcos Suárez. Con este acto público aberto damos inicio a unha serie de presentacións por tódalas parroquias da nosa candidatura, actos nos cales tamén escoitaremos aos veciños teremos moi presentes as súas ideas e suxerencias para a elaboración do noso programa electoral de cara ás eleccións municipais do 24 de maio.
Non o dubides, e achégate ata a casa da cultura o sábado 28!.