Chámome Javier, teño 40 anos, estou casado, teño unha filla e traballo nunha auxiliar de automoción. Son nativo de Lantaño (concello de Portas), pero levo xa once anos vivindo no lugar de Paraños.
Decidín unirme a este grupo de persoas para formar parte da candidatura do BNG xa que creo que é hora de endereitar o rumbo deste país e loitar para que os nosos fillos teñan un futuro mellor, e para iso debemos comezar polo noso concello, e temos a oportunidade de facelo o 24 de maio