Todolos artigos de: BNG Moraña

Dous plenos municipais nesta semana

Nesta semana teremos dous plenos municipais. O primeiro, un pleno extraordinario esta noite para o sorteo e designación dos membros das mesas electorais das vindeiras
eleccións xerais do 26 de xuño.

0001 (14)

 

 

 

 

 

 

 

O xoves día 2 a partir das 21:30h teremos pleno ordinario cunha moción do BNG (polo mantemento e mellora das liñas de transporte público no noso concello).

0001 (13)

ASINA contra eliminación e pola mellora das liñas de transporte público en Moraña

Se es veciña/o de Moraña e estás contra a eliminación continuada de frecuencias e pola solución inmediata para a mellora de todalas liñas de transporte público no noso concello     PODES ASINAR AQUÍ

(Dentro da ligazón, no formulario, cubrides co voso nome, apelidos e documento de identidade e a parroquia ou lugar do noso concello onde pertencedes e ao final facedes click no botón “enviar”)
 
Escrito que presentaremos ante a empresa concesionaria das liñas de Autobús-—-
Nos últimos 10 anos reducíronse en máis dun 50% as liñas de autobús de chegada ou saída no noso concello .A supresión hai uns días da frecuencia Santiago-Moraña-Pontevedra das 15:30h, feita de xeito fulminante e sen dar ningún aviso, é a última dunha longa lista de eliminacións de liñas de transporte público entre o noso concello e as dúas cidades de maior interacción para os veciñas/os de Moraña: Pontevedra, capital de provincia, e Santiago, capital de Galicia, cidades ás cales diariamente acoden persoas traballadoras, estudantes, veciñanza que se despraza a centros hospitalarios, veciñas e veciños que que precisan facer xestións ante a administración. É evidente que esta situación afecta gravemente á nosa veciñanza.Con isto, a día de hoxe só existen, de luns a venres, estas frecuencias de transporte público a Pontevedra e a SantiagoMoraña-Santiago: ás 7:05 e 15:30
Santiago-Moraña: ás 12:00, 18:30 e 20:45 h
Cuntis-Moraña-Pontevedra: ás 7:15, 10:10 e 18:30 h
Pontevedra-Moraña-Cuntis: ás 12:15, 16:30 e 20:00 hAdemais, estes enlaces só se ofrecen durante a semana, de xeito que o sábado e o domingo non hai ningunha frecuencia de ida ou volta de Moraña a estas dúas cidades, polo que as persoas usuarias habituais de transporte público vense incomunicadas, por exemplo o alumnado universitario que se quere desprazar de ida ou volta ás cidades de estudo o sábado ou o domingo. Este colectivo é o máis prexudicado, xa que, por exemplo un estudante na cidade de Pontevedra, cuxo horario de saída do seu centro de ensino sexa na franxa das 14 h ás 15 h, verase obrigado a facer unha espera ata as 16:30 h por non ter un servizo máis próximo.
Neste mesmo sentido o estudantado da Universidade de Santiago de Compostela que os xoves e os venres se desprazaban de volta ás súas casas, viron como o autobús que saía de Santiago ás 15:30h foi eliminado sen ningún tipo de aviso previo, sendo esta liña a máis utilizada e demandada por este colectivo. Como mal menor, todos estes e outr@s veciñ@s usuarios vense obrigados a desprazarse cando mínimo a Caldas de Reis por ter unha frecuencia maior ,malia que tamén pequena, de horarios, cos trastornos que isto provoca.

Ante todo isto, dende o BNG de Moraña demandamos:

1. Que o goberno municipal de Moraña faga todas as xestións necesarias con carácter urxente ante os organismos competentes en materia de transporte público para o mantemento dos horarios do transporte público e as liñas de frecuencia axeitadas para os veciños e veciñas o noso Concello.

2. Que o goberno municipal de Moraña faga as xestións necesarias para estudar a implantación de servizos de transporte ás parroquias adaptados ás necesidades veciñais: citas médicas, días de feira, etc.

3. Da empresa concesionaria do servizo: a que atenda a esta demanda do conxunto d@s veciñ@s de Moraña e, no caso, acceda a manter unha reunión canto antes para estudar a situación e buscar alternativas para o mantemento e mellora das frecuencias de transporte público ao noso concello

————————————————————————-

 
Moción presentada polo BNG no rexistro do conce20160505094548480-page-001llo20160505094548480-page-002
 

Rubén Fernández, novo responsábel local do BNG-Moraña

O BNG de Moraña vén de renovar o seu Consello Local nunha asemblea celebrada pasado sábado 22 e que conclúe a renovación de cargos iniciada coa XV Asembl13095825_601667013316562_5093917564162634900_nea Nacional, onde por unanimidade se escolleu a proposta presentada pol@s compañeir@s, encabezada por Rubén Fernández Monteagudo.

Ademais, os militantes BNG de Moraña escolleron ás persoas que acompañarán a Rubén no grupo de traballo da dirección da formación na nosa localidade: Susana Fuentes, Diego Oliveira, Mariña Búa e Enrique Fernández, que traballarán en coordinación cos nosos concelleiros Marcos Suárez e Eva Villaverde.

Rubén Fernández é veciño de Santa Lucía onde naceu hai trinta anos, e é mestre no ensino primario, traballando actualmente na CIG-ENSINO, organización sindical maioritaria do ensino público galego. Rubén participa como acordeonista de diversos proxectos musicais na actualidade e tamén colabora dende hai anos no tecido asociativo do Concello, entre outras na Asoc. Cultural Chinguilipé. Fai parte, ademais, da dirección da Escola Municipal de Música.

A nova dirección do BNG-Moraña quere revitalizar á organización local e achegar máis persoas a participar da súa actividade política local. Segundo o novo responsable local, “Queremos ser unha ferramenta para a participación da veciñanza nas decisión políticas” e amosan a súa disposición “a recibir propostas de persoas e colectivos” para as cales iniciarán nas vindeiras semanas roldas de contactos e asambleas abertas para, ademais “informar da súa posición política en diferentes temas de actualidade do noso concello”. Ademais, dende o Consello local inciden na disposición á contribución de que o BNG sexa “unha peza clave na derrota do PP nas vindeiras eleccións autonómicas e estatais”.

Rogos, solicitudes e preguntas do BNG no pleno do pasado mes de marzo

Na rolda final, fixemos varias solicitudes, rogos e demandas ao goberno municipal a respecto de diversas cuestións. Detallámosvolas aquí:

  1. Gastos de representación e dietas da Alcaldesa
    Solicitamos, unha vez máis, a relación de todos os gastos de representación, locomoción e dietas da Alcaldesa do ano 2015. En canto os teñamos, faremos a valoración correspondente, a respecto tamén da partida orzamentaria adicada a estas cuestións.
  2. Falta de luz pública en Santa Lucía
    Facemos chegar, unha vez mais, as amplas queixas da veciñanza a respecto da falta de luz pública en varios puntos de Santa Lucía. Queremos saber por que se tarda tanto en actuar.
  3. Estado de depuradoras e bombeos
    Preguntamos tamén se o goberno pensa adoptar medidas ao respecto das depuradoras e bombeos que están a botar por fóra como o dos lugares de Portamos, Bouza ou Amil.
  4. Recibo de auga e lixo
    Queremos saber cando prevé o goberno municipal pasar o recibo de auga de lixo do ano 2015.
  5. ORAL
    Rogamos ao goberno municipal que solicite ao ORAL o paso dos recibos do IBI á veciñanza de xeito fraccionado.
  6. Plan de Composteiros
    Queremos saber a posición final do goberno municipal neste respecto. Descarta por completo unirse a este plan?
  7. Limpeza CPI Santa Lucía
    Solicitamos unha actuación de limpeza no entorno do CPI aproveitando a Semana Santa
  8. Filtracións augas pavillón
    Advertímoslle ao goberno da constancia de filtracións de augas no pavillón, ademais de que a pintura que se botou de novo estase a levantar.

 

 

 

O “Calentón desafortunado” que non foi tal. (novas imaxes)

O “CALENTÓN DESAFORTUNADO” QUE NON FOI TAL:
 
 
O “calentón desafortunado”, frase coa que a Alcaldesa de Moraña quería agochar e minimizar este gravísimo feitos non foi tal. Como puidestes comprobar onte, o vergoñento comentario machista de Jorge Caldas foi escrito o pasado venres e eliminado aínda onte á tarde. Curioso calentón o que dura 4 días, e que casualmente remata cando o BNG fai a denuncia pública.
 
Ademais, este “calentón” estaba precedido de outros gravísimos insultos tamén á presidenta da Deputación como podedes ver nesta primeira imaxe, e incluso do lamentable aval en forma de “gústame” no Facebook a unha publicación denigrante chea de insultos e vexacións machistas. Jorge Caldas non só non reprendeu e condenou estas actitudes, senón que AVALOU coa súa acción uns comentarios inadmisibles.
 
Pero máis patética é a escusa da Alcaldesa con Jorge Caldas dicindo que estaba “desgustado xa que é un afeccionado ao motor”. Non se pode aceptar de ningunha das maneiras que alguén, ademais sendo concelleiro de Igualdade se adique a insultar ás mulleres cando se “desguste”.

O BNG esixe a dimisión inmediata do tenente da Alcaldesa Jorge Caldas

Jorge Caldas, 1º Tenente da Alcaldesa de Moraña e concelleiro do PP, chamálle “mala zorra” nas redes sociais á Presidenta da Deputación de Pontevedra.

 

Martes, 2 de febreiro de 2016.-

Foi o pasado venres, despois do Pleno Provincial, cando uns comentarios totalmente denigrantes e pexorativos dun simpatizante do PP en facebook dirixidos á Presidenta da Deputación, provocaron a complicidade primeiro e as posteriores insultos sexistas de Jorge Caldas,  concelleiro do PP, cara a Carmela Silva nos termos de “mala zorra e sinvergüenza”.b5845d8b-7a1d-4471-aaae-e8948a4e80e5

A expresión machista que Jorge Caldas Domínguez, concelleiro do PP en Moraña e candidato ao Congreso dos Deputados do PP por Pontevedra, so pode definirse como inadmisible, intolerable e vergoñenta.

O BNG considera especialmente grave que un representante público realice un insulto sexista deste calado que atenta, non só contra un cargo público polo simple feito de ser muller, senón tamén contra a dignidade de todas as mulleres.0001 (7)

Estas condutas machistas non poden ter cabida en ningún espazo da sociedade e moito menos saír dun representante político que ten a obriga e responsabilidade de manter un compromiso activo na loita pola igualdade.

O portavoz municipal, Marcos Suárez, deixa claro que “Desde o BNG consideramos que o PP de Moraña e a Alcaldesa teñen que depurar responsabilidades políticas de inmediato, pois esta persoa non pode seguir nin un minuto máis ostentando a representación institucional dos homes e tamén das mulleres deste Concello. Son uns insultos inadmisibles e vergoñentos, á parte que reiterativas, o que dá mostra do carácter deste concelleiro e da permisividade do PP con comportamentos machistas deste calibre”.

En consecuencia, o BNG considera que se o PP, e nomeadamente a Alcaldesa de Moraña, non o cesan inmediatamente do goberno municipal e esixen a súa dimisión como concelleiro da Corporación Municipal, estará avalando e sendo cómplice dos seus comportamentos machistas.

Rogos, demandas e outras cuestións do pleno do 3 de decembro

Dende o grupo municipal do BNG levamos a este pleno do pasado 3 de decembro outra serie de cuestións, preguntas e demandas  de importancia e urxencia para os veciños/as. Estas son: 

1. DESPIDO IMPROCEDENTE DUNHA TRABALLADORA DO CONCELLO

Solicitamos explicacións sobre o despido improcedente que se ditou por sentenza e que vai supoñer para as arcas municipais máis de 7000 euros. Ante isto, preguntámonos:
– por que o goberno municipal non publicitou a praza?
– como é posible que este goberno do PP diga publicamente que supuxo un aforro para as arcas municipais se agora se vai gastar 7.325,15 €?.
Consideramos tan lamentable este feito que cremos que o Partido Popular debería asumir responsabilidades, e si, ata pagar eses cartos do seu propio bolsillo. Os veciñ@s non temos que asumir nin pagar as súas pésimas decisións.

2. ESCOMBREIRA NO POLÍGONO DE MIRALLOS
No entorno do Polígono de Miralles hai unha escombreira con todo tipo de materiais. Co agravante de que esa zona está clasificada como ZONA VERDE. Preguntámoslle ao goberno se ten que dicir algo ao respecto, e se lle parece unha boa xestión dos residuos.
3. AUSENCIA NA FEIRA DA CULTURA GALEGA (CULTURGAL)

Preguntamos porque non se preocuparon de asistir a un escaparate de grande importancia para o turismo e a cultura, a maior feira a este respecto no noso país. A presencia era GRATUÍTA. Non entendemos como poden deixar de lado isto e ir facer promocións turísticas a Sestao, na cal, por certo, se gastaron bastantes fondos municipais.
4. ORZAMENTOS PARA O ANO 2016?

Agora que xa non poden utilizar a mentira de que “a culpa é da oposición”, que discurso van inventar?. Os grupos municipais NON TEMOS NINGUNHA información a respecto de ningún proxecto nin idea para os orzamentos de 2016.
5. OBRAS NO PAVILLÓN “VELLO”

Solicitamos a este respecto explicacións urxentes no seu momento. O goberno municipal calou, non nolas deron e incluso nos despacharon no mostrador do concello por sacarnos de diante que xa nesa semana se decepcionaba. Como tantas outras veces pasou o tempo, pasou un mes e continuou a mesma cuestión.
Queremos, pedimos e esiximos que o goberno municipal do PP e a súa alcaldesa DEAN TODA A INFORMACIÓN DO QUE OCORREU. E que expliquen porque non se amañaron os vestiarios, que precisan dunha reforma digna. Doutra forma, teremos que considerar unha moción inmediatamente plantexando unha nova reforma integral.

6. ESTADO DA RÚA 7

Consideramos e expoñemos no pleno que o pintado da praza dos autobuses é bastante mellorable

Novo pleno ordinario esta noite con 4 mocións do BNG

Hoxe xoves, a partir das 21:00h, novo pleno ordinario nas dependencias municipais do noso concello. Esta é a orde do día: 0001 (6)

 

Dende o BNG presentamos catro moción neste pleno, que son as seguintes:

 

  1. Moción do BNG sobre a revisión da rede de saneamento no núcleo de Santa Lucía.0001 (9)

2. Moción do BNG relativa á elaboración dun plan municipal de emprego destinado a frear a emigración xuvenil.

0002 (1) 0001 (8)

3. Moción do BNG relativa á correcta sinalización horizontal na rúa 7.

0001 (7)

 

4. Moción do BNG relativa á seguridade entre a rúa 5 e a rúa 6 de Santa Lucía.

0001 (10)

O BNG denuncia a existencia dunha escombreira en zona verde do Pxom

Dende o grupo BNG de Moraña constatamos sobre o terreo a existencia dunha escombreira nunha zona que DSC_0043no PXOM de Moraña está clasificada como verde, e que se situa no entorno do Polígono de Mirallos.

Para nós  o máis grave da situación é, que é o propio goberno do PP quén promove o depósito de residuos de todo tipo nese asentamento.

Proximamente o BNG denunciará o tema ante o Pleno da Corporación e ante as entidades administrativas competentes para que se depuren as responsabilidades que correspondan. Alén disto o BNG considera que existen responsabilidades políticas inmediatas polo incumprimento das normativas medioambientais vixentes e da propia normativa establecida no PXOM de Moraña.

Para BNG-MORAÑA esta situación deixa clara a pouca importancia que o medioambiente ten para o PP, que non ten reparos en incumprir as leisDSC_0041 (1) medioambientais e o propio PXOM, polo que a Sra. Piñeiro está desautorizada para falar de cumprimentos normativos ante os propios veciños e veciñas.

O noso voceiro Marcos Suárez, nas listas de NÓS-CANDIDATURA GALEGA

Veñen de presentarse as listas de NÓS-CANDIDATURA GALEGA para as eleccións do 20 de decembro. A candidatura NÓS nace despois dun longo proceso social para a construción dunha candidatura galega de unidade que tivese Galiza como único suxeito de referencia e un grupo parlamentario propio como obxectivo. Máis nada e, á vez, tanto. Para NÓS eran premisas irrenunciábeis, de lei, se a fin é que Galiza estea presente onde se toman decisións que tanto nos afectan. No camiño, con xenerosidade, fóron dándose pasos para o encontro. O BNG, a única forza á marxe do bipartidismo com representación en Madrid e que sempre concorreu ás eleccións con candidaturas de seu, manifestou desde o principio a disposición a renunciar á sigla propia para favorecer o proceso de unidade. O esforzo honesto que se fixo non foi correspondido por igual por todo o mundo, mais deixou á vista quen ten vontade de defender o país como único obxectivo e quen opta por subordinar Galiza a forzas estatais que marcan a súa folla de ruta. Mais na outra cara están todas aquelas persoas e organizacións (BNG, Coalición Galega, FOG, Partido Galeguista, PCPG) que decidiron sumar forzas en NÓS, que creron que o país merecía altura de miras e volveron estreitar as mans, a se encontrar no mesmo camiño, a sementar de novo ilusión porque, ben o sabemos, é moito o que está en xogo.

A deputada autonómica do BNG Carme Adán encabeza a lista por Pontevedra

12278650_508471129327278_3820379513531893745_n

 

A candidatura 100% galega, a única candidatura do País, NÓS-CANDIDATURA GALEGA tamén integra ao  noso compañeiro Marcos Suárez concretamente nas listas para Senado pola nosa provincia. Nesta ligazón podedes atopar a nosa candidatura ao congreso, e nesta ao Senado.  12278737_537743776375553_6583178185915441158_n

Adiante, coa forza do noso pobo!

Web: http://noscandidaturagalega.gal/

Facebook: Nós Candidatura Galega

Twitter: @noscgalega

#Gztenqueestar