Todolos artigos de: BNG Moraña

BNG-MORAÑA presenta moción a respecto do calamitoso estado do Pavillón “vello”

O BNG de Moraña puido constatar in situ as deficiencias existentes no chamado Pavillón Vello. Un pavillón que está situado no recinto do CPI Santa Lucía.pavillón vello

As citadas instalacións son empregadas polos polos alumnos e alumnas do CPI para as súas clases de educación física, por nenos e nenas en actividades deportivas extraescolares e por moitos outros cidadáns que acuden alí a practicar diversos deportes.

As malas condicións do Pavillón non son unha novidade. Xa veñen de hai tempo as denuncias sobre o estado calamitoso e casi terceiro mundista destas instalacións deportivas.pavillón vello

Por distintas vías e colectivos xa lle ten manifestado ao goberno municipal a necesidade de actuar ante o penoso estado destas instalacións, obtendo como resposta a pasividade máis absoluta e mesmo mantendo un posicionamento contrario á realidade que alí se pode ver.

En diversos Consellos Escolares tamén se ten plantexado a situación das instalacións deportivas anexas ao CPI.

A cuestión é que os profesionais que imparten a materia de educación física no CPI Santa Lucía queixanse, e con razón, do estado Pavillón vellolamentable do pavillón. Demandan melloras urxentes porque chove dentro, hai moita humidade, hai polvo, a falta de hixiene en xeral é patente, a iluminación e escasa e de mala calidade, a instalación eléctrica é deficiente, o pavimento non está en condicións axeitadas para a práctica deportiva. Os vestiarios están en condicións deplorables, non están limpos, non hai condicións dun mínimo confort para poderse duchar despois das clases de educación física, etc.

Mesmo os alumnos e alumnas se queixan da situación no que se atopan os vestiarios.

BNG presenta por rexistro moción para solicitar medidas urxentes na urbanización da Rúa 7

Dende o BNG de Moraña vimos de presentar no rexistro do concello unha moción para solicitar medidas urxentes para a mellora do vial, instalación do servizo de alumeado público e outras actuacións na chamada Urbanización Devesa de Campenlos da rúa 7 de Santa Lucía.

mociondevesapax1 mociondevesapax2

Con esta iniciativa propoñemos á Corporación a adopción dos seguintes acordos:

1.- Que o goberno municipal adopte as medidas urxentes necesarias para executar con celeridade a instalación de alumeado público de calidade na urbanización de vivendas unifamiliares da rúa 7, do xeito que se resolva xa a falta de luz pública nesta zona.

2.- Que o goberno municipal adopte as medidas urxentes necesarias para executar a mellora da plataforma do vial da urbanización con pavimento compatible a unha zona urbana.

3.- Que o goberno municipal adopte as medidas urxentes e necesarias para que a quen lle corresponda manteña limpa a parcela urbana situada ao sur destas vivendas, e que se arranxe o burato situado a carón do vial da rúa 7.

4.- Que o goberno municipal adopte as medidas necesarias para executar a continuidade da beirarrúa que vén dende a gardería A Galiña Azul e pasa paralela á chamada mámoa de Santa Lucía, con material compatible e autorizable por Patrimonio.

 

O BNG denuncia de novo a falta de luz na rotonda da Chociña

A Rotonda dos 44.000 euros en axardinamento e esculturas, sen luz de novo.

Dende o BNG  de Moraña vimos observando que nos últimos días que a rotonda da Chociña carece de iluminación.  A citada rotonda fai de entronque entre a PO-226 co noRotonda, captura do Quinteirovo treito da PO-221 (Moraña-Caldas de Reis), constituíndo pois unha infraestrutura de elevado tránsito de vehículos.
Para o BNG a falta de iluminación neste punto constitúe un auténtico perigo para seguridade vial. Consideramos necesario resolver de xeito urxente esta anomalía antes de que haxa que lamentar posibles accidentes. Non podemos admitir que nunha rotonda onde o goberno municipal ten priorizado obras e actuacións cuns elevados investimentos, non teña as máis mínimas garantías de seguridade nin teña un alumeado acorde á súa situación.

Desgraciadamente unha vez máis, o goberno municipal do Partido Popular actúa con total incoherrotonda chochiñaencia, planificando iluminación para lugares innecesarios e deixando de lado os que o máis precisan.
Foi precisamente gracias ás reiteradas denuncias públicas e á presión política do BNG no pasado a que fixo que se dotara de iluminación neste punto do noso entramado viario. E non podemos admitir anuncios electoralistas do PP sobre aforro na factura eléctrica do alumeado cando o servizo é precario.  Por todo isto  desde o BNG emprazamos publicamente ao goberno municipal para que resolva a falta de iluminación deste punto da rede viaria de Moraña de xeito urxente.

Marcos Suárez reúnese coa veciñanza da urbanización da rúa 7 e recolle as súas demandas

O noso voceiro municipal Marcos Suárez  visitou o pasado martes aos veciñ@s da Urbanización Dehesa de Campenlos situada na rúa 7 de Santa Lucía. a visita. Suárez reuniuse co conxunto de veciñ@s e recolleu a súa queixa unánime en canto ao estado da urbanización e as promesas incumpridas por parte da Alcaldesa, que leva ano e medio prometéndolle “solucións” a estes veciños sen que a día de hoxe se teña producida a máis mínima mellora.

Os veciños amosáronlle ao noso concelleiro  o pésimo estado do entramado viario da urbanización e a inexistencia de alumeado público nesta zona. Ademais, o vial da urbanización preUrbanización rúa 7senta unha plataforma de moi pouca calidade que xa provocou nalgún caso pequenos danos nos vehículos no entronque da saída dos garaxes polas irregularidades que presenta.

O noso voceiro tamén puido constatar in situ o estado do pavimento do vial desta urbanización, un pavimento máis propio de outra tipoloxía de viais como poden ser os rurais, e tamén o lamentable estado da parcela urbana situada ao sur destas vivendas unifamiliares e que está chea de vexetación espontánea que fai que bichería de diverso tipo (culebras, ratas etc) acoda alí como hábitat natural, lembrando que nesta zona urbana residen varios nenos e nenas.

Dende o BNG-MORAÑA estamos elaborando xa unha moción a este respecto que presentaremos no vindeiro pleno esixindo que o goberno municipal cumpra as súas promesas e adopte as medidas urxentes e necesarias e resolva coa máxima celeridade posible tódalas deficiencias existentes nesta zona urbana.

O goberno municipal permite unha nova suba encuberta de impostos

O BNG trasladoulle ao goberno municipal de Moraña a necesidade de coñecer os efectos sobre os cidadáns do catastrazo. O goberno sempre minimizou o impacto económico que tería para os cidadáns alegando que so supoñía unha regularización.

No BNG sempre botamos de menos a grave falta de información  a todos os veciños e veciñas, polo que consideramos que ao PP interésalle que algunhas cousas non se saiban, sobre todo se teñen que ver coa aplicación de taxas e impostos que graven aos cidadáns do noso concello.

A día de hoxe xa foron notificados moitos veciños e veciñas  de Moraña con propostas de resolución de alteración catastral, acompañada en todos os casos dunha taxa de regularización de 60 € por inmoble. É importante sinalar que os efectos derivados da regularización poderán trasladarse nos recibos IBI dos últimos catro anos. Seguir lendo O goberno municipal permite unha nova suba encuberta de impostos

[PRENSA]: “BNG propón crear plan de mellora de infraestruturas viarias locais

Faro de Vigo, 19/12/2014

“El BNG de Moraña pide la creación de un plan municipal de obras para la mejora de las vías municipales. La propuesta de los nacionalistas llega después de constatar en la última sesión plenaria la ausencia del proyecto municipal al respecto.

Los nacionalistas consideran prioritario que los vecinos dispongan de unas infraestructuras viarias en buen estado de mantenimiento, para que incida directamente en la seguridad vial y en la mejora de la calidad de vida de los ciudadanos. Desde el BNG consideran que “muchas de las carreteras municipales están intransitables y necesitan nuevas pavimentos y limpiezas”. (ler a nova completa)

O BNG-Moraña propón realizar un plan de mellora das infraestruturas viarias

Na sesión plenaria do día 5 de decembro o goberno municipal confirmáballe ao BNG a falta dun plan municipal de obras para a mellora de viais municipais en previsión do ano 2015. Para o BNG confírmase a nula xestión ou mala planificación do mantemento dos viais municipais por parte do goberno municipal ao non ter previsións e obxetivos establecidos.

No BNG consideramos prioritario que os veciños e veciñas dispoñan dunhas infraestruturas viarias en bo estado de mantemento, para que incida directamente na seguridade vial e na mellora calidade de vida de todos os cidadáns. Por iso reiteramos a nosa proposta de realizar un plan de mellora das infraestruturas viarias, pois moitas delas están intransitables e necesitan novos pavimentos e limpezas.

Así por exemplo hai numerosos lugares de todas as parroquias onde o pavimento dos camiños está intransitable, e necesitan dunha actuación urxente de repavimentado e limpeza de gavias. Por exemplo na paraxe da lugar da Rapeira (Vilacoba_Amil)Rapeira no Lugar de Vilacoba da parroquia de Amil (na imaxe) os baches son extremadamente grandes e con gran profundidade, e non poden esperar a un Plan electoralista como é o Plan Marco da Xunta de Galicia.

Preguntas, demandas e iniciativas do BNG no pleno de decembro

No pleno do pasado venres fixemos un total de 14 preguntas, demandas e suxestións ao goberno municipal que nos achegaron moit@s veciñ@s sobre diversos temas de importancia en varias parroquias e lugares do noso concello, desta volta lugares como San Lorenzo, Sabadín, Santa Lucía, A Amil , así como solicitudes e iniciativas para mellorar diversos aspectos e cuestións referentes ao noso concello e ao benestar d@s veciñ@s. Deixámosvos aquí a relación das interpelacións ao grupo de goberno do PP:

1.- O CONCELLO DEBE DAR EXPLICACIÓNS E TRANSPARENCIA AO RESPECTO DO CATASTRAZO Seguir lendo Preguntas, demandas e iniciativas do BNG no pleno de decembro

O PP continúa sen solucionar as súas malas decisións con respecto á ESMU

No pleno do pasado venres o goberno municipal do Partido Popular viuse obrigado a presentar unha modificación da ordenanza que regula os prezos daESMU Moraña Escola Municipal de Música debido á proposta presentada polo BNG en forma de moción no anterior pleno e aprobada por unanimidade. Lamentablemente esta moción non cumpreu as expectativas e dende o noso grupo municipal manifestamos a nosa oposición e votamos en contra. Os motivos son os seguintes:

non compartimos a redacción

– os aspectos formais e conceptuais

– e o efecto retroactivo que se plantea

Dende o BNG-MORAÑA cremos que esta modificación da ordenanza dos prezos polos servizos da ESMU obedece e deriva dunha DECISIÓN POLÍTICA DO PP do mes de xuño.

    • Unha decisión política que cambiou as condicións da ensinanza para os alumos da ESMU.

    • Unha decisión política do PP que non tivo en conta as repercusións posibles, nin as normas, ni nao conxunto da comunidade da ESMU. Unha decisión da alcaldesa do Partido Popular aplicando criterios económicos e non da calidade da ensinanza.

    • Unha decisión política errónea que agora pretenden disimular e tapala. É un claro intento de desviar a atención, de escurrir o bulto e mirar para outro lado.

Nós Non imos ser cómplices das súas decisións, nin dos erros do PP

Ademais disto:

– O BNG propuxo unha iniciativa en positivo aprobada por unanimidade da Corporación o 3 de outubro aprobouse cos seguintes acordos a adoptar:

Estudar as posibilidades de volver ás clases individuais . A día de hoxe non coñecemos ningunha proposta nin ningún informe que diga que non se pode volver ás clases individuais.

Á parte de non convocar dita xuntanza nin tan siquera houbo a decencia política de chamarnos aos Grupos municipais da oposición para plantexarnos a posibilidade da modificación da ordenanza. Decencia política que neste Concello sempre houbo con outros gobernos e que desgraciadamente agora desapareceu por completo.

Outro acordo aprobado por todos establecía que, de non ser posible volver ás clases individuais se aplicara a ordenanza vixente. E vostedes veñen cunha modificación da Ordenanza. O que pretenden é tapar os erros da súa decisión.

Por outra banda, a Alcaldesa comprometerase a revisar a ordenanza da ESMU cos pais e nais, para adaptala á realidade socioeconómica actual e para adaptala á realidade actual da propia escola. No sentido de incluir medidas económicas e fiscais favorecedoras para familias con dificultades, etc… por iso reafirmámonos que o que pretenden con esta modificación é maquillar a decisión que o PP tomou no seu día de cambiar as condicións da ensinanza.

Dende o BNG-MORAÑA manifestamos que continuaremos a defender o que é de xustiza, e neste caso continuaremos a defender as demandas dos pais e nais da Escola Municipal de Música e o cumprimento dos acordos realizados no pleno, en particular da nosa moción do mes de outubro.

O Goberno municipal: sen solucións ante os problemas provocados polas choivas

Nota de prensa recollida polo Faro de Vigo, 4 de novembro de 2014 (enlace aquí):

“El BNG de Moraña culpa de las inundaciones de la explanada de Mos y de las escorrentías en la carballeira de Santa Lucía al gobierno municipal liderado por María Luisa Piñeiro, por “a sua pasividade e falta de planificación”.

Inunciacións Carballeira-Mos

Su portavoz, Marcos Suárez, apunta que “cada vez que chove un pouco, a explanada de Mos vese inundada e o vial de acceso aos núcleos de Mos e Casiñas impracticable. Co agravante ademáis de que é o vial onde se colocan os postos os días de Feira”.

Igual situación, según los nacionalistas, padece la carballeira de Santa Lucía, cuyas actuaciones son sufragadas “cos cartos de todos e non resolveron os problemas de escorrentías cada vez que chove, polo que a auga pluvial discorre cara a estrada e gasoliñeira do centro urbano de Santa Lucía, e mesmo depositando sobre a estrada comarcal xabre e terra”.

El BNG ya cuestionó en su día las actuaciones hechas en la carballeira de Santa Lucía, teniendo en cuenta además que hubo empresas que ofertaban y consideraban como fundamental la actuación de recogida de aguas pluviales.

Por otra parte,el BNG ya presentó ante la Corporación una moción para buscar solución y actuar sobre las inundaciones de la explanada de Mos. .

Desde el BNG instan al gobierno municipal del PP en Moraña, para que “traballe de maneira urxente na busca de solucións acaídas aos problemas que provoca a choiva nestes dous puntos do entorno de Santa Lucía de Moraña”.