O BNG de Moraña puido constatar in situ as deficiencias existentes no chamado Pavillón Vello. Un pavillón que está situado no recinto do CPI Santa Lucía.
As citadas instalacións son empregadas polos polos alumnos e alumnas do CPI para as súas clases de educación física, por nenos e nenas en actividades deportivas extraescolares e por moitos outros cidadáns que acuden alí a practicar diversos deportes.
As malas condicións do Pavillón non son unha novidade. Xa veñen de hai tempo as denuncias sobre o estado calamitoso e casi terceiro mundista destas instalacións deportivas.
Por distintas vías e colectivos xa lle ten manifestado ao goberno municipal a necesidade de actuar ante o penoso estado destas instalacións, obtendo como resposta a pasividade máis absoluta e mesmo mantendo un posicionamento contrario á realidade que alí se pode ver.
En diversos Consellos Escolares tamén se ten plantexado a situación das instalacións deportivas anexas ao CPI.
A cuestión é que os profesionais que imparten a materia de educación física no CPI Santa Lucía queixanse, e con razón, do estado lamentable do pavillón. Demandan melloras urxentes porque chove dentro, hai moita humidade, hai polvo, a falta de hixiene en xeral é patente, a iluminación e escasa e de mala calidade, a instalación eléctrica é deficiente, o pavimento non está en condicións axeitadas para a práctica deportiva. Os vestiarios están en condicións deplorables, non están limpos, non hai condicións dun mínimo confort para poderse duchar despois das clases de educación física, etc.
Mesmo os alumnos e alumnas se queixan da situación no que se atopan os vestiarios.