BNG presenta por rexistro moción para solicitar medidas urxentes na urbanización da Rúa 7

Dende o BNG de Moraña vimos de presentar no rexistro do concello unha moción para solicitar medidas urxentes para a mellora do vial, instalación do servizo de alumeado público e outras actuacións na chamada Urbanización Devesa de Campenlos da rúa 7 de Santa Lucía.

mociondevesapax1 mociondevesapax2

Con esta iniciativa propoñemos á Corporación a adopción dos seguintes acordos:

1.- Que o goberno municipal adopte as medidas urxentes necesarias para executar con celeridade a instalación de alumeado público de calidade na urbanización de vivendas unifamiliares da rúa 7, do xeito que se resolva xa a falta de luz pública nesta zona.

2.- Que o goberno municipal adopte as medidas urxentes necesarias para executar a mellora da plataforma do vial da urbanización con pavimento compatible a unha zona urbana.

3.- Que o goberno municipal adopte as medidas urxentes e necesarias para que a quen lle corresponda manteña limpa a parcela urbana situada ao sur destas vivendas, e que se arranxe o burato situado a carón do vial da rúa 7.

4.- Que o goberno municipal adopte as medidas necesarias para executar a continuidade da beirarrúa que vén dende a gardería A Galiña Azul e pasa paralela á chamada mámoa de Santa Lucía, con material compatible e autorizable por Patrimonio.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.