Arquivo da categoría: Actos

MULTITUDINARIA MOBILIZACIÓN DO POBO DE MORAÑA ANTE OS RECORTES NO CENTRO DE SAÚDE

🗣️ A manifestación desbordou todas as previsións, con máis de 600 veciños e veciñas esixindo nas rúas a fin dos recortes no centro de saúde.

A marcha contou coa presenza do deputado do BNG Luis Bará e a responsabel de política municipal do BNG e veciña de Moraña Eva Villaverde e percorreu as principais rúas do centro urbano de Santa Lucía onde centos de veciñas pediron o fin dos recortes no centro de saúde, clamaron contra a ampliación do mesmo e pola resposición urxente das vacantes médicas. Xa diante do Concello, onde remataba a manifestación, Rubén Monteagudo, responsábel local do BNG pedía un calusoro aplauso e apoio aos traballadores/as do centro de saúde lembrando que “nunca e en ningún caso teñen eles/as a culpa”. Pola súa parte Carmen Fariña, veciña de Moraña e traballadora do SERGAS, foi quen leu o manifesto final lembrando cronoloxicamente todos os recortes que levan sufrindo dende hai anos a veciñanza de Moraña, nomeadadmente a perda do pediatra, da matrona e a ausencia constante de médicos/as, o que leva a que centos de usuarios do centro leven máis de 5 meses sen médico/a asignado e polo tanto, sen poder obter unha cita para atención primaria.

O voceiro municipal do BNG Marcos Suárez remataba o acto agradecendo a labor dos profesionais sanitarios e a presenza activa do PSDeG de Moraña, lamentando así mesmo a flagrante ausencia do Alcalde de Moraña, quen, en palabras de Suárez “carece de empatía e respecto ás veciñas e veciños, non só por non vir, senón polas manifestacións feitas nas últimas horas”. Suárez rematou lembrando o orgullo de vivir en Moraña e dunha veciñanza “que non cala nin outorga, unha veciñanza que está en pé e que hoxe dixo abonda, nun mensaxe claro e contundente ao Partido Popular, Xunta e Sergas“.

A mobilización foi unha das maiores na historia de Moraña, só comparada ás realizadas hai máis de 20 anos contra o Encoro.


📸 Galería de imaxes: https://www.facebook.com/bngmorana/posts/pfbid0rob3rU3o5rSzCi7rZhTWfHxEktRWx3ChvBU3ajDydEo5uzi2n96HJcLCzmPULGB7l

ASINA contra eliminación e pola mellora das liñas de transporte público en Moraña

Se es veciña/o de Moraña e estás contra a eliminación continuada de frecuencias e pola solución inmediata para a mellora de todalas liñas de transporte público no noso concello     PODES ASINAR AQUÍ

(Dentro da ligazón, no formulario, cubrides co voso nome, apelidos e documento de identidade e a parroquia ou lugar do noso concello onde pertencedes e ao final facedes click no botón “enviar”)
 
Escrito que presentaremos ante a empresa concesionaria das liñas de Autobús-—-
Nos últimos 10 anos reducíronse en máis dun 50% as liñas de autobús de chegada ou saída no noso concello .A supresión hai uns días da frecuencia Santiago-Moraña-Pontevedra das 15:30h, feita de xeito fulminante e sen dar ningún aviso, é a última dunha longa lista de eliminacións de liñas de transporte público entre o noso concello e as dúas cidades de maior interacción para os veciñas/os de Moraña: Pontevedra, capital de provincia, e Santiago, capital de Galicia, cidades ás cales diariamente acoden persoas traballadoras, estudantes, veciñanza que se despraza a centros hospitalarios, veciñas e veciños que que precisan facer xestións ante a administración. É evidente que esta situación afecta gravemente á nosa veciñanza.Con isto, a día de hoxe só existen, de luns a venres, estas frecuencias de transporte público a Pontevedra e a SantiagoMoraña-Santiago: ás 7:05 e 15:30
Santiago-Moraña: ás 12:00, 18:30 e 20:45 h
Cuntis-Moraña-Pontevedra: ás 7:15, 10:10 e 18:30 h
Pontevedra-Moraña-Cuntis: ás 12:15, 16:30 e 20:00 hAdemais, estes enlaces só se ofrecen durante a semana, de xeito que o sábado e o domingo non hai ningunha frecuencia de ida ou volta de Moraña a estas dúas cidades, polo que as persoas usuarias habituais de transporte público vense incomunicadas, por exemplo o alumnado universitario que se quere desprazar de ida ou volta ás cidades de estudo o sábado ou o domingo. Este colectivo é o máis prexudicado, xa que, por exemplo un estudante na cidade de Pontevedra, cuxo horario de saída do seu centro de ensino sexa na franxa das 14 h ás 15 h, verase obrigado a facer unha espera ata as 16:30 h por non ter un servizo máis próximo.
Neste mesmo sentido o estudantado da Universidade de Santiago de Compostela que os xoves e os venres se desprazaban de volta ás súas casas, viron como o autobús que saía de Santiago ás 15:30h foi eliminado sen ningún tipo de aviso previo, sendo esta liña a máis utilizada e demandada por este colectivo. Como mal menor, todos estes e outr@s veciñ@s usuarios vense obrigados a desprazarse cando mínimo a Caldas de Reis por ter unha frecuencia maior ,malia que tamén pequena, de horarios, cos trastornos que isto provoca.

Ante todo isto, dende o BNG de Moraña demandamos:

1. Que o goberno municipal de Moraña faga todas as xestións necesarias con carácter urxente ante os organismos competentes en materia de transporte público para o mantemento dos horarios do transporte público e as liñas de frecuencia axeitadas para os veciños e veciñas o noso Concello.

2. Que o goberno municipal de Moraña faga as xestións necesarias para estudar a implantación de servizos de transporte ás parroquias adaptados ás necesidades veciñais: citas médicas, días de feira, etc.

3. Da empresa concesionaria do servizo: a que atenda a esta demanda do conxunto d@s veciñ@s de Moraña e, no caso, acceda a manter unha reunión canto antes para estudar a situación e buscar alternativas para o mantemento e mellora das frecuencias de transporte público ao noso concello

————————————————————————-

 
Moción presentada polo BNG no rexistro do conce20160505094548480-page-001llo20160505094548480-page-002
 

28F: Acto de presentación da nosa candidatura

O vindeiro sábado 28 de febreiro ás 21h na casa da cultura Castelao de Santa Lucía presentaremos a candidatura do BNG-ASEMBLEAS ABERTAS de Moraña.moraña-convite-PRESENTACIÓN-2015

Intervirán no acto varios integrantes da nosa candidatura e tamén o noso cabeza de lista Marcos Suárez.  Con este acto público aberto damos inicio a unha serie de  presentacións por tódalas parroquias da nosa candidatura, actos nos cales tamén escoitaremos aos veciños teremos moi presentes as súas ideas e suxerencias para a elaboración do  noso programa electoral de cara ás eleccións municipais do 24 de maio.

Non o dubides, e achégate ata a casa da cultura o sábado 28!.

 

Hoxe: Asemblea Aberta coa Mocidade de Moraña

O BNG de Moraña está levando a cabo unha serie de accións co obxectivo de establecer espazos estables de colaboración e interacción coa súa base social e con outros sectores que cren que é necesaria unha alternativa á realidade política que nos rodea.

Un dos sectores clave neste proceso é, sen dúbida, a MOCIDADE, xa que representa a parte máis crítica, reivindicativa e sensible aos acontecementos sociais e políticos que se producen no país.

Pero tamén, a día de hoxe, un dos espectros da sociedade onde máis dano está facendo a crise e as decisións políticas relacionadas con ela.

Todos e todas estamos sendo testemuñas, de maneira máis directa ou indirecta, do novo éxodo que se está producindo entre a xente nova cara ao estranxeiro. Cuestión esta que supón, ademais do drama persoal e familiar, a perda da man de obra máis formada da historia que se vai producir e xerar riqueza a outros países e que supuxo un forte investimento tanto por parte das familias coma do propio Estado.

Non existen políticas específicas dirixidas á mocidade, o paro afecta a máis da metade da poboación nova deste país, as taxas universitarias soben, as bolsas baixan, o ensino empeora, as mínimas opcións de traballo existentes prodúcense en situación cada vez máis precaria…Se a isto lle sumamos a situación sociopolítica xeral de limitación de dereitos (individuais e colectivos), de falta de democracia,  represión…, queda claro que a mocidade é o dos colectivos máis maltratados da sociedade galega.

Neste contexto é no que o BNG de Moraña decide impulsar unha asemblea aberta á xente nova onde se poida establecer un foro de opinión, debate ou protesta, para que todos aqueles/as que queiran intervir o poidan facer libremente, sen importar siglas, militancias ou ataduras. Simplemente coa idea de recoller opinións, inquedanzas, críticas ou calquera suxestión que poida ser útil para artellar instrumentos ou solucionar problemas xerais ou puntuais.

Unha maneira de establecer fórmulas de relación que permitan trasladar e escoitar mensaxes,  de reivindicar e de participar na vida pública, de facer e falar de política sen máis, pero con maiúsculas; unha maneira de establecer canles de participación directa. En resumo: dignificar a POLÍTICA e fortalecer a DEMOCRACIA desde a base.

Por todo isto, consideramos moi importante e enriquecedor conseguir unha ampla participación que demostre que en Moraña existe unha mocidade consciente, preocupada, reivindicativa e democrática. Unha mocidade á que o BNG quere e debe escoitar e á que tamén lle gustaría trasladar as súas posicións naqueles temas onde así se considere. As propostas están enriba da mesa e o debate aberto:

  • Ensino público/privado.
  • Sanidade pública/privada.
  • Servizos sociais.
  • Galego.
  • Reforma local/democracia.
  • Política: partidos políticos, sindicatos, organización, proxectos, participación…
  • Austeridade: verdadeiro ou falso?
  • Dereito a decidir: democracia, solución?
  • Que pasa en Moraña?
  • […]

Estas son algunhas das múltiples propostas que se poden abordar e que son un mero exemplo do moito do que podemos debater, o que ocorra esta noite dependerá unicamente do que a xente nova de Moraña teña a ben decidir.

 

Eva Villaverde (R.L. do BNG-Moraña)

Asemblea aberta coa mocidade de Moraña

Este vindeiro sábado 11 de outubro ás 19:30h na Casa de Cultura Castelao realizaremos unha asemblea aberta para tódalas persoas mozas do noso concello.

Dende o BNG de Moraña convidámosvos a tod@s @s moz@s a que asistades a esta asemblea para explicarnos e así coñecer os vosos problemas, inquedanzas e demandas de primeira man e tamén para recoller as vosas suxestións e propostas e abrir, así, un espazo e lugar de encontro, opinión e colaboración estable cun dos colectivos máis castigados pola crise e as nefastas políticas do PP. A vosa opinión, contribución e participación é fundamental para construír un futuro mellor para Moraña, vémonos o sábado!.

Asemblea aberta no lugar de Barosela

[CONSTRUÍNDO FUTURO EN MORAÑA]

Trala boa acollida na asemblea aberta feita na parroquia de San Martiño de Gargantáns, a c uarta que realizamos dende o comezo desta xeira de asembleas,  continuamos  este xoves a partir das 21h no local Veciñal de Barosela, na parroquia de Saiàns. Asemblea Aberta en Barosela

Dende o BNG de Moraña convidámosvos a tod@s @s veciñ@s de Barosela  a que asistades a esta asemblea para explicarnos e así coñecer os vosos problemas, inquedanzas e demandas de primeira man e tamén para recoller as vosas suxestións e propostas e abrir, así, un espazo e lugar de encontro, opinión e colaboración estable en todas e cada unha das parroquias do noso concello para poder traballar e construír un futuro mellor para Moraña.

Asemblea aberta en San Martiño de Gargantáns

[CONSTRUÍNDO FUTURO EN MORAÑA]

 Hoxe, xoves 18, ás 21h no Local Veciñal  Escola da Espedregueira realizaremos unha nova asemblea aberta desta volta coa veciñanza da parroquia de San Martiño de Gargantáns.

AsembleaGargantáns

Dende o BNG de Moraña convidámosvos a tod@s @s veciñ@s dos lugares desta parroquia: Paraños, Espedregueira, San Martiño, O Muíño e A Pallota,  a que asistades a esta asemblea para explicarnos e así coñecer os vosos problemas, inquedanzas e demandas de primeira man e tamén para recoller as vosas suxestións e propostas e abrir, así, un espazo e lugar de encontro, opinión e colaboración estable en todas e cada unha das parroquias do noso concello para poder traballar e construír un futuro mellor para Moraña.

 

 

 

Asemblea aberta en Moraña o martes 22

ASEMBLEA ABERTA EN MORAÑA O 22 DE XULLO.

O BNG de Moraña inicia, cunha Asemblea Aberta o vindeiro martes 22 ás 21h na casa de cultura Castelao,  unha serie de accións co obxectivo de establecer espazos estables de colaboración e Asemblea Aberta 22Xinteracción coa súa base social e con outros sectores que cren que é necesaria unha alternativa á realidade política que nos rodea. Un proceso amplo de contraste e diálogo social, que permita ensanchar e reforzar no ámbito local a alternativa nacionalista.

Varios son os obxectivos que tratamos de conseguir e que van depender, en todo caso, da participación da veciñanza neste foro morañés de opinión e debate:

1. Recoller ideas e inquedanzas para responder de maneira moito máis forte ao ataque sistemático contra os dereitos sociais e ao retroceso democrático.

2. Trasladar tamén as preocupacións do BNG e o seu empeño por conseguir instrumentos decisorios que nos permitan atender os numerosos conflitos sociais existentes neste momento no país, e que por suposto, tamén alcanzan ao noso Concello e á nosa veciñanza.

3. Establecer fórmulas de relación que nos permitan escoitar as mensaxes da sociedade de xeito directo e constante.

4. Crear espazos de colaboración estables con persoas e colectivos conscientes, abertos á reivindicación, á participación na vida pública, apostando pola dignificación da política e a necesidade de nos organizar. Sabedores de que entre todos e todas podemos mudar as cousas paso a paso, coñecendo os problemas de primeira man, artellando instrumentos para afrontalos e buscando solucións. Tendendo pontes de traballo coa intención sempre de acadar entendementos.

5. Planificar accións conxuntas arredor de temas de interese na localidade ou recoller propostas.

6. Que os veciños e veciñas de Moraña dispoñamos dun lugar de encontro, opinión, debate ou protesta onde sermos escoitados e tidos en conta.

7. Calquera outro que a asistencia teña a ben trasladar ou considere oportuno en función do desenvolvemento da Asemblea.

Por todo isto, consideramos moi importante e enriquecedor conseguir unha ampla participación que poña en marcha a maquinaria e nos permita afrontar conxuntamente a realidade e o futuro de Moraña con máis forza e ilusión.

Eva Villaverde (R.L. do BNG-Moraña)

ACTO PÚBLICO DO BNG EN SANTA LUCÍA

Acto público Moraña

 

[Mitin do BNG  en Santa Lucía]

Xoves 22 de maio ás 21 horas na casa da cultura Castelao

Falarán: 

Manuel Giménez (Técnico da cooperativa “Monte Cabalar”
Rubén Fernández (CIG-ENSINO)
Marcos Suárez (Portavoz municipal)
Xesús Dominguez (portavoz d@s afectados polas preferentes e candidato do BNG)
Carme da Silva (Concelleira en Pontevedra. Membro do consello nacional)

Achégate ata a casa da cultura e difunde este acto público do BNG!. Máis info no evento de facebook.