Arquivo da categoría: Eleccións

Galería de imaxes do mitin na AMIL (10/05/2015)

Deixámosvos imaxes do acto público celebrado onte na Amil ao que asistiron máis de 80 veciños/as a escoitar as nosas propostas de goberno para os vindeiros catro anos. Neste acto interviron membros da candidatura e veciños da Amil: María Gamallo, Antonio Hervés, Rafa Ruibal e Eloi Carramal e tamén interviron Rubén Fernández, Mariña Búa, Eva Villaverde, Marcos Suárez e César Mosquera, concelleiro na cidade de Pontevedra. Neste acto tamén quixo intervir un veciño da Amil, Ignacio, do que tamén deixamos constancia nesta galería de imaxes:

* Desculpade pola pouca calidade dalgunhas das imaxes

 

Calendario de actos da nosa campaña electoral

Nesta páxina contarémosvos día a día a programación de visitas a todos os lugares e parroquias do noso concello e tamén vos informaremos dos tres grandes actos públicos abertos que realizaremos:

ACTOS PÚBLICOS ABERTOS 

 

 

Sábado 16 de maio ás 21:00h na casa de cultura Castelao de Santa Lucía

MITIN MORAÑA 16 MAIO_phixr

– Venres 22: Acto público final de campaña (darémosvos máis información nos vindeiros días).

Candidatura BNG-Asembleas abertas de Moraña

Achegámosvos a nosa candidatura completa  e que estamos a presentar estes días nos lugares e parroquias do noso concello.

Vídeo da nosa candidatura

BNG- ASEMBLEAS ABERTAS DE MORAÑA

1-    Marcos Suárez Redondo.

2-    Eva Villaverde Pego.fotocandidaturafacebook

3-    Rubén Fernández Monteagudo.

4-    Mariña Búa González.

5-    Susana Fuentes Gago.

6-    Fco. Javier Acevedo Ferreira.

7-    Eloi Carramal Escudeiro.

8-    José Luís Núñez Monteagudo.

9-    Paula Calvo Ruibal.

10- Mónica Rodríguez García.

11- Diego Antonio Oliveira Aboi.

IMG_9487

 

 

 

 

 

12- Luís Cancela González.

13- Laura Casal Tizado.

14- Enrique Fernández Salgado.

15- Rafael Rodríguez Ruibal.

16- María Gamallo Silva.

17- Iván Ferreiro Pérez.

18- Dalmacio Pereira Souto.

19- Belén Giménez Solla.

20- Antonio Hervés Rivas.

21- Liliana Fariña Cerviño

Calendario dos actos de presentación da nosa candidatura

Este é o calendario, que iremos actualizando, dos actos de presentación da nosa candidatura nos lugares e parroquias do noso concello. Como ben sabedes, no BNG temos ademais como obxectivo claro e indispensable fomentar e poñer en valor a participación veciñal, por iso queremos poñer en común a nosa candidatura e realizar o noso programa electoral con vós, así que aproveitaremos estas presentacións tamén para,  ademais de como sempre, escoitar as vosas inquedanzas, dúbidas ou solicitudes, recoller as vosas ideas e propostas de cara á elaboración do devandito programa.  O calendario ata o momento é o seguinte:

 

Xa realizados: Corrigados (12 marzo), Alberguería (17 marzo), Espedregueira (23 marzo), Calvo (26 marzo), Amil (29 marzo), Bouza-alende-Pontellas (31 marzo), San Martiño (12 abril), Barosela (14 abril), Sa badín (19 abril), Santa Xusta (21 abril), Soar, xoves 23 de abril.

Non dubidedes en achegarvos á presentación do voso lugar ou parroquia!.

Galería de imaxes da presentación da nosa candidatura

Deixámosvos unha completa galería de imaxes da presentación da nosa candidatura o pasado sábado 28 coa que conseguimos ateigar de veciñ@s a Casa da Cultura e tamén de ilusión, forza, gañas, responsabilidade e determinación para traballar e presentarvos  dende xa a alternativa de goberno que Moraña precisa.

As fotos son de Cathy Varela e  Reis Camiña, ás que  aproveitamos para agradecer  a  súa colaboración e disposición.

 

28F: Acto de presentación da nosa candidatura

O vindeiro sábado 28 de febreiro ás 21h na casa da cultura Castelao de Santa Lucía presentaremos a candidatura do BNG-ASEMBLEAS ABERTAS de Moraña.moraña-convite-PRESENTACIÓN-2015

Intervirán no acto varios integrantes da nosa candidatura e tamén o noso cabeza de lista Marcos Suárez.  Con este acto público aberto damos inicio a unha serie de  presentacións por tódalas parroquias da nosa candidatura, actos nos cales tamén escoitaremos aos veciños teremos moi presentes as súas ideas e suxerencias para a elaboración do  noso programa electoral de cara ás eleccións municipais do 24 de maio.

Non o dubides, e achégate ata a casa da cultura o sábado 28!.

 

CO BNG, GALIZA SEGUE PRESENTE NA UE. GRAZAS!!!!

[A pesar de tódalas trabas, censuras e demais o BNG CONSEGUÍU O SEU OBXECTIVO: levar de novo ao Parlamento Europeo á nosa deputada Ana Miranda]


Con respecto ao noso concello: o BNG colleitou 229 votos , o que constitúe un 13,15%, subindo máis de 3 puntos e 50 votos con respecto ás Europeas de 2009. En liñas xerais, os resultados  en Moraña foron especialmente positivos para o BNG xa que:
 

  • O BNG é o único partido que sube en porcentaxe e número de votos (un 20% máis con respecto ás eleccións de 2009) conseguindo un 13,15% de apoios subindo en máis de 5 puntos a media nacional do BNG.
  • Das 8 mesas electorais, subimos en número de votos en 6 de elas, o que consideramos como un gran resultado.
  • O PP e o PSOE sufren unha baixada significativa de votos e porcentaxe de apoio, que, se ben é certo que é menor no PP, non deixa de ser significativo que (no contexto actual) o Partido do goberno perda apoios entre @s veciñ@s. Pola súa banda, o PSOE colleita o peor resultado da súa historia no concello de Moraña.

 
Os resultados finais en Moraña foron (entre paréntese os resultados de 2009):
 
BNG: 229 (188)
PSOE: 415 (681)
PP: 776 (791)
AGE: 75
PODEMOS:  49
UPYD: 36
CxG: 23
EB: 16
Nulos: 78
Branco: 41
 
 
Moitísimas grazas, unha vez máis, ás 229 persoas que confiaron no BNG. Continuaremos traballando con máis intensidade e gañas, se cabe, por e para tod@s @s nos@sveciños.  Como ben podes comprobar, hai moito que facer polo noso concello,  así que actívate, non quedes na casa!:  contacta e colabora con nós. Por unha MORAÑA CON FUTURO!.

A J.E.C. borra ao BNG dos informativos da CRTVG

STOP censura

A Xunta Electoral Central dálle a razón a UPyD e borra ao BNG dos informativos dos medios de comunicación públicos galegos, -RTVG-, onde tiña asignados 27 segundos dentro do espazo de cinco minutos que a TVG e RG adican ás eleccións europeas en cada telexornal e informativo radiofónico, seguindo o plan de cobertura informativa das eleccións europeas 2014aprobado polo Consello de Administración do ente público.

Con esta decisión, a Xunta Electoral Central amordaza definitivamente ao Bloque Nacionalista Galego e silencia tamén aos 103.724 galegos e galegas que votaron esta opción política nos comicios europeos de 2009, argumentando que eses sufraxios non deben ser tidos en conta debido ao cambio de coalición electoral e, a efectos de cobertura informativa nos medios públicos, o BNG debe recibir o mesmo trato que se nunca se tivese presentado.

Sen embargo, as formacións ERC, Aralar e EA, socios do BNG la coalición coa que se presentou en 2009 ás europeas,- contabilizan os votos obtidos nos seus respectivos territorios e, por tanto, teñen a cobertura que lles corresponde nos medios públicos de Catalunya e Euskadi.

A supresión do BNG dos informativos dos medios públicos galegos súmase á outra decisión do XEC na que tamén se discrimina a candidatura que encabeza Ana Miranda nos espazos electorais gratuítos da RTVG, onde recibe 10 minutos, fronte aos 15 minutos de UpyD, pese a que a formación de Rosa Díez con 14.428 votos (1,24%), é irrelevante en Galiza desde o punto de vista do apoio social.

O BNG xa anuncia accións legais e mañá realizará un acto de protesta na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.

Máis información aquí 

ACTO PÚBLICO DO BNG EN SANTA LUCÍA

Acto público Moraña

 

[Mitin do BNG  en Santa Lucía]

Xoves 22 de maio ás 21 horas na casa da cultura Castelao

Falarán: 

Manuel Giménez (Técnico da cooperativa “Monte Cabalar”
Rubén Fernández (CIG-ENSINO)
Marcos Suárez (Portavoz municipal)
Xesús Dominguez (portavoz d@s afectados polas preferentes e candidato do BNG)
Carme da Silva (Concelleira en Pontevedra. Membro do consello nacional)

Achégate ata a casa da cultura e difunde este acto público do BNG!. Máis info no evento de facebook.

Comezou a campaña do 25M: Nós, con Ana Miranda!.

No BNG de Moraña tamén comezamos coa campaña de colada, ensobrado, reparto e actos públicos (dos que vos daremos cumprida información nos vindeiros días) en apoio  á candidatura galega encabezada por Ana Miranda.

Colada BNGMoraña Colada  BNGMoraña(2)

Dende o BNG  temos claro que esta é a oportunidade de dicir “basta xa”, non queremos este modelo antidemocrático e antisocial de Europa que só provoca emigración, pobreza, paro e exclusión social. Este é tempo para centrar forzas nas nosas potencialidades, nas nosas amplísimas capacidades productivas; é tempo de traballar por sermos nós.

 

Sabemos que o voto ao BNG é #ovotoquellesdoe

Non imos rendirnos a que nos rouben o futuro.

Porque se o BNG está, Galiza está!.