Arquivo da categoría: Europeas 2014

Artigos relacionados coas Eleccións ao Parlamento Europeo do 25 de maio 2014

CO BNG, GALIZA SEGUE PRESENTE NA UE. GRAZAS!!!!

[A pesar de tódalas trabas, censuras e demais o BNG CONSEGUÍU O SEU OBXECTIVO: levar de novo ao Parlamento Europeo á nosa deputada Ana Miranda]


Con respecto ao noso concello: o BNG colleitou 229 votos , o que constitúe un 13,15%, subindo máis de 3 puntos e 50 votos con respecto ás Europeas de 2009. En liñas xerais, os resultados  en Moraña foron especialmente positivos para o BNG xa que:
 

  • O BNG é o único partido que sube en porcentaxe e número de votos (un 20% máis con respecto ás eleccións de 2009) conseguindo un 13,15% de apoios subindo en máis de 5 puntos a media nacional do BNG.
  • Das 8 mesas electorais, subimos en número de votos en 6 de elas, o que consideramos como un gran resultado.
  • O PP e o PSOE sufren unha baixada significativa de votos e porcentaxe de apoio, que, se ben é certo que é menor no PP, non deixa de ser significativo que (no contexto actual) o Partido do goberno perda apoios entre @s veciñ@s. Pola súa banda, o PSOE colleita o peor resultado da súa historia no concello de Moraña.

 
Os resultados finais en Moraña foron (entre paréntese os resultados de 2009):
 
BNG: 229 (188)
PSOE: 415 (681)
PP: 776 (791)
AGE: 75
PODEMOS:  49
UPYD: 36
CxG: 23
EB: 16
Nulos: 78
Branco: 41
 
 
Moitísimas grazas, unha vez máis, ás 229 persoas que confiaron no BNG. Continuaremos traballando con máis intensidade e gañas, se cabe, por e para tod@s @s nos@sveciños.  Como ben podes comprobar, hai moito que facer polo noso concello,  así que actívate, non quedes na casa!:  contacta e colabora con nós. Por unha MORAÑA CON FUTURO!.

A J.E.C. borra ao BNG dos informativos da CRTVG

STOP censura

A Xunta Electoral Central dálle a razón a UPyD e borra ao BNG dos informativos dos medios de comunicación públicos galegos, -RTVG-, onde tiña asignados 27 segundos dentro do espazo de cinco minutos que a TVG e RG adican ás eleccións europeas en cada telexornal e informativo radiofónico, seguindo o plan de cobertura informativa das eleccións europeas 2014aprobado polo Consello de Administración do ente público.

Con esta decisión, a Xunta Electoral Central amordaza definitivamente ao Bloque Nacionalista Galego e silencia tamén aos 103.724 galegos e galegas que votaron esta opción política nos comicios europeos de 2009, argumentando que eses sufraxios non deben ser tidos en conta debido ao cambio de coalición electoral e, a efectos de cobertura informativa nos medios públicos, o BNG debe recibir o mesmo trato que se nunca se tivese presentado.

Sen embargo, as formacións ERC, Aralar e EA, socios do BNG la coalición coa que se presentou en 2009 ás europeas,- contabilizan os votos obtidos nos seus respectivos territorios e, por tanto, teñen a cobertura que lles corresponde nos medios públicos de Catalunya e Euskadi.

A supresión do BNG dos informativos dos medios públicos galegos súmase á outra decisión do XEC na que tamén se discrimina a candidatura que encabeza Ana Miranda nos espazos electorais gratuítos da RTVG, onde recibe 10 minutos, fronte aos 15 minutos de UpyD, pese a que a formación de Rosa Díez con 14.428 votos (1,24%), é irrelevante en Galiza desde o punto de vista do apoio social.

O BNG xa anuncia accións legais e mañá realizará un acto de protesta na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.

Máis información aquí 

ACTO PÚBLICO DO BNG EN SANTA LUCÍA

Acto público Moraña

 

[Mitin do BNG  en Santa Lucía]

Xoves 22 de maio ás 21 horas na casa da cultura Castelao

Falarán: 

Manuel Giménez (Técnico da cooperativa “Monte Cabalar”
Rubén Fernández (CIG-ENSINO)
Marcos Suárez (Portavoz municipal)
Xesús Dominguez (portavoz d@s afectados polas preferentes e candidato do BNG)
Carme da Silva (Concelleira en Pontevedra. Membro do consello nacional)

Achégate ata a casa da cultura e difunde este acto público do BNG!. Máis info no evento de facebook.

Comezou a campaña do 25M: Nós, con Ana Miranda!.

No BNG de Moraña tamén comezamos coa campaña de colada, ensobrado, reparto e actos públicos (dos que vos daremos cumprida información nos vindeiros días) en apoio  á candidatura galega encabezada por Ana Miranda.

Colada BNGMoraña Colada  BNGMoraña(2)

Dende o BNG  temos claro que esta é a oportunidade de dicir “basta xa”, non queremos este modelo antidemocrático e antisocial de Europa que só provoca emigración, pobreza, paro e exclusión social. Este é tempo para centrar forzas nas nosas potencialidades, nas nosas amplísimas capacidades productivas; é tempo de traballar por sermos nós.

 

Sabemos que o voto ao BNG é #ovotoquellesdoe

Non imos rendirnos a que nos rouben o futuro.

Porque se o BNG está, Galiza está!.