Arquivo da categoría: Opinión

2014: un ano máis construíndo un futuro mellor para Moraña

Marcos Suárez RedondoMarcos

Voceiro Municipal do BNG-Moraña

————————————

Durante o 2014 os homes e mulleres que formamos parte do BNG de Moraña participamos activamente da vida social, cultural e política do noso concello e estivemos a carón d@s veciñ@s visitándoos nas parroquias e celebrando diversos actos abertos sobre cuestións e problemáticas que afectaban ao conxunto dos habitantes do noso concello.

Máis alá do imprescindible traballo na rúa e nas parroquias o BNG de Moraña foi,  un ano máis e con moita diferencia, o grupo municipal que máis actividade e traballo desenvolve nas comisións e plenos municipais e practicamente o único que presenta iniciativas e propostas nestas sesións. Cómpre salientar que durante o xa rematado 2014 o goberno municipal tan só convocou 7 plenos, 6 ordinarios e un extraordinario, nos cales presentamos   16 mocións e un total de 74 preguntas, iniciativas, demandas e solicitudes arredor dos máis diversos aspectos de control ao goberno e tamén de problemáticas e outras cuestións que afectaban aos veciños/as. Seguir lendo 2014: un ano máis construíndo un futuro mellor para Moraña

O noso traballo

MarcosMarcos Suárez Redondo.

Voceiro municipal do BNG-Moraña.

 

Ás mulleres e homes do BNG de Moraña interesádesnos por riba de todo @s veciñ@s. Interésan@s axudarvos, resolver os vosos problemas e inquedanzas e afondar no voso benestar e na mellora dos servizos que precisades e utilizades. Por iso o BNG de Moraña  é a forza política, a moita distancia das demais, que máis iniciativas está a presentar no noso concello a través de mocións, preguntas, interpelacións, etc…todo isto cun único obxectivo:  defender os intereses xerais de veciños e veciñas do noso Concello.

Non obstante preocúpanos a falta de talante democrático da Alcaldesa de Moraña e do seu goberno municipal, que incumpre sistematicamente os acordos plenarios, porque moitas das mocións do BNG aprobadas nas sesións plenarias (incluso algunhas votadas polo PP) non se cumpren pola inacción do goberno municipal. Seguir lendo O noso traballo

POR ISO SOMOS NACIONALISTAS

Eva Villaverde
Eva Villaverde

Estamos nun momento difícil: de ataques, de roubos, de prohibicións, de recortes, de desinformación, de imposicións…
Un momento no que homoxeneizar e igualar parece que é virtude: as linguas, as culturas, as persoas, as mensaxes… e tamén as organizacións política Un momento no que interesa conducir ás persoas cara ao pensamento único, cara á idea de que só existe unha saída, de que só vale unha maneira de facer as cousas, de que non hai alternativas, de que non hai ideoloxías, de que fóra deste pensamento está o abismo…

Pero non vos deixedes enganar. Isto non é de agora. Isto é unha estratexia de longo percorrido cuxo obxectivo non é outro que o de manter o status quo, o de seguir no poder para manexar as marionetas que gobernan en beneficio duns poucos. Unha maneira moi doada de conseguir que a cidadanía encha os petos dos poderosos a costa dos seus propios, a costa da fame e precariedade da maioría, pero autoconvencidos de que o fan en exercicio da súa propia liberdade e da democracia, ou cando menos, en ausencia de conflito, porque “total, dá igual…” Seguir lendo POR ISO SOMOS NACIONALISTAS