Aquí podes consultar a moción completa 👇
Arquivo da categoría: Plenos
Desenvolvemento do pleno ordinario de decembro (vídeos)
1º punto da orde do día
2º Punto da orde do día (modificación do imposto sobre bens-inmobles)
3º. Mocións presentadas polo BNG
4º Pregunta sobre a ausencia de Moraña no CULTURGAL
Presentamos tres mocións no pleno ordinario de mañá xoves
O grupo municipal do BNG presenta tres mocións no #plenoMoraña ordinario que se celebrará mañá xoves a partir das 21h. Son as seguintes:
- MOCIÓN PARA GARANTIR O SUBMINISTRO ELÉCTRICO ÁS PERSOAS SEN RECURSOS
2. MOCIÓN A PROL DA AMPLIACIÓN DA ACREDITACIÓN POR VIOLENCIA MACHISTA, DO ESTATUTO DE FEMINICIDIO E DA TOMA DE MEDIDAS CONTRA AS CONSECUENCIAS CONTRA AS MULLERES DA DESIGUALDADE ECONÓMICA
3. MOCIÓN SOBRE A TRANSFERENCIA DA AP-9
Desenvolvemento do pleno ordinario do 4 de outubro
- Informámosvos do desenvolvemento dos 4 puntos da orde do día do pleno do pasado martes:
Punto 1. En primeiro lugar, aprobáronse as actas anteriores por unanimidade.
Punto 2. No referente ás subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro: Aprobáronse por maioría. Dende o BNG abstivémonos mantendo a posición da comisión xa que nos parece INSUFICIENTE a contía total destas axudas. Tamén valoramos no pleno a nosa opinión a respecto da reflexión que se debería facer sobre os obxectivos das axudas.
Punto 3. Axudas individuais a familias con fillos menores de 18 anos discapacitados: Apróbanse por unanimidade.
Punto 4. Modificación de crédito número 4/2016. Apróbase por unanimidade. Dende o BNG mantemos a mesma posición que na comisión, considerando que sería mellorable pero as cuestións plantexadas (todas) son necesidades para mellorar a calidade de vida dos morañeses/as.
2. Intervención do BNG na rolda de rogos, preguntas e solicitudes:
– OBRAS EXECUTADAS POLA DEPUTACIÓN NO LUGAR DE CASTRO
Parabenizámonos polas obras executadas dentro do plan concellos da Deputación de Pontevedra no lugar do Castro, en Rebón. Consideramos que as obras quedaron ben en xeral, ao contrario que xusto antes das municipais de 2015, cando operarios da antiga Deputación ao servizo do PP foron tirar chapapote aos camiños de Castro, feito que as evidencias amosaron que non servíu para nada, só para demostrar unha vez máis a burda utilización de medios e fondos públicos para beneficio do Partido Popular.
A respecto desta obra lembramos a necesidade de continuar cun muro de contención e de poñer unha baranda protectora no anaco de muro feito, para protección de animais e persoas.
– PERFÍS DO CONCELLO NAS REDES SOCIAIS
Voltamos preguntar quen xestiona as redes sociais do Concello de Moraña, ao que a Alcaldesa resposta que ella, a animadora sociocultural e algún concelleiro. Curiosamente, unha resposta diferente á dada no anterior pleno (aquí tedes:
- PINTADAS APARECIDAS NOS LUGARES DE AMIL E OUTROS
Preguntámoslle ao goberno municipal do PP que opinión lle merecen as pintadas que apareceron polas festas dos milagros alusivas ao BNG e feitas por un grupo de traballadores enchufados pola antiga deputación de Louzán. A alcaldesa afirma que condenan ese tipo de actuacións, cuestión que lle agradecemos e valoramos positivamente.
A respecto deste tema, interesámonos pola opinión que ten este goberno sobre o cobro indebido de dietas por persoal do parque de Maquinaria da Deputación, contestándonos a Alcaldesa que ella só resposta por “cuestións que pasen no concello de Moraña, e que en Moraña ninguén cobra dietas sen xustificar”. Esquécese que ella tamén era deputada provincial cando Louzán enchufou a estas persoas
- UBICACIÓN DE ZONA DE CARGA E DESCARGA NA RÚA 6
Preguntamos tamén polas xestións feitas polo concello para ubicar a zona de carga e descarga na rúa 6 xa que solicitaramos esta cuestión no anterior pleno. A alcaldesa confirma que NON FIXO NADA dende a anterior sesión plenaria, ao que recriminamos a alta probabilidade de que ocorra un accidente debido aos continuos atrancos de vehículos. Emprazamos unha vez máis ao goberno municipal a traballar para resolver a ubicación de carga e descarga na rúa 6.
- ILUMINACIÓN DA RÚA 7
Solicitamos explicacións pola pouquísima iluminación da rúa 7 debido á situación dos Carballos. O goberno municipal acepta a solicitude e confirma que se podarán os Carballos.
- PROXECTO FANTASMA VINCULADO AO RÍO UMIA
O noso voceiro municipal tamén pregunta por un proxecto que se está a anunciar por canais oficiosos casa a casa da parroquia de Lamas, vinculado ao río Umia. O goberno municipal contesta que non hai ningún proxecto, o único que hai é unha idea pero que non hai “nada máis de momento”.
- REPOSICIÓN DA MARQUESINA DE BAROSELA
Solicitamos a reposición da Marquesina de Barosela polo seu estado de abandono.
- BOMBEO DE PORTAMÓS
Preguntamos se o bombeo de Portamós está rematado, ao que o goberno contesta que faltan “un par de detalles” e que se rematará pronto, e a partir de aí comunicarase ás casas a posibilidade de conexión ao saneamento.
- SANEAMENTO NO APEDRADO
Preguntamos, unha vez máis, polo saneamento no Apedrado. O goberno municipal confirma que se priorizaron outros antes e recoñece que “sí que hai anos” que lles dixo aos veciños que o resolvería.
- PROTOCOLOS DE ACTUACIÓN CASOS AVISPA ASIÁTICA
Preguntamos se hai protocolos de acutación ante os avisos de avispa asiática. Contesta que sí e que se tiñan 6 casos detectados e que se procedería a actuar.
- XESTIÓNS ANTE MONBUS
Preguntamos se a Alcaldesa fixo as xestións ante Monbús (que prometera no pleno do mes de maio) ante a retirada de liñas de transporte. A alcaldesa confirma de novo no pleno que Non o fixo.
- EXECUCIÓN DA SENTENZA POR DESPIDO PERSOAL DO CONCELLO
Preguntamos pola execución da sentenza que condenaba ao concello a pagar o despido de persoal laboral da piscina. Da conta o secretario municipal no pleno dicindo que pagarán cando lle solicite o xulgado a execución da sentenza.
Dous plenos municipais nesta semana
Nesta semana teremos dous plenos municipais. O primeiro, un pleno extraordinario esta noite para o sorteo e designación dos membros das mesas electorais das vindeiras
eleccións xerais do 26 de xuño.
O xoves día 2 a partir das 21:30h teremos pleno ordinario cunha moción do BNG (polo mantemento e mellora das liñas de transporte público no noso concello).
Rogos, solicitudes e preguntas do BNG no pleno do pasado mes de marzo
Na rolda final, fixemos varias solicitudes, rogos e demandas ao goberno municipal a respecto de diversas cuestións. Detallámosvolas aquí:
- Gastos de representación e dietas da Alcaldesa
Solicitamos, unha vez máis, a relación de todos os gastos de representación, locomoción e dietas da Alcaldesa do ano 2015. En canto os teñamos, faremos a valoración correspondente, a respecto tamén da partida orzamentaria adicada a estas cuestións. - Falta de luz pública en Santa Lucía
Facemos chegar, unha vez mais, as amplas queixas da veciñanza a respecto da falta de luz pública en varios puntos de Santa Lucía. Queremos saber por que se tarda tanto en actuar. - Estado de depuradoras e bombeos
Preguntamos tamén se o goberno pensa adoptar medidas ao respecto das depuradoras e bombeos que están a botar por fóra como o dos lugares de Portamos, Bouza ou Amil. - Recibo de auga e lixo
Queremos saber cando prevé o goberno municipal pasar o recibo de auga de lixo do ano 2015. - ORAL
Rogamos ao goberno municipal que solicite ao ORAL o paso dos recibos do IBI á veciñanza de xeito fraccionado. - Plan de Composteiros
Queremos saber a posición final do goberno municipal neste respecto. Descarta por completo unirse a este plan? - Limpeza CPI Santa Lucía
Solicitamos unha actuación de limpeza no entorno do CPI aproveitando a Semana Santa - Filtracións augas pavillón
Advertímoslle ao goberno da constancia de filtracións de augas no pavillón, ademais de que a pintura que se botou de novo estase a levantar.
Rogos, demandas e outras cuestións do pleno do 3 de decembro
Dende o grupo municipal do BNG levamos a este pleno do pasado 3 de decembro outra serie de cuestións, preguntas e demandas de importancia e urxencia para os veciños/as. Estas son:
1. DESPIDO IMPROCEDENTE DUNHA TRABALLADORA DO CONCELLO
Solicitamos explicacións sobre o despido improcedente que se ditou por sentenza e que vai supoñer para as arcas municipais máis de 7000 euros. Ante isto, preguntámonos:
– por que o goberno municipal non publicitou a praza?
– como é posible que este goberno do PP diga publicamente que supuxo un aforro para as arcas municipais se agora se vai gastar 7.325,15 €?.
Consideramos tan lamentable este feito que cremos que o Partido Popular debería asumir responsabilidades, e si, ata pagar eses cartos do seu propio bolsillo. Os veciñ@s non temos que asumir nin pagar as súas pésimas decisións.
2. ESCOMBREIRA NO POLÍGONO DE MIRALLOS
No entorno do Polígono de Miralles hai unha escombreira con todo tipo de materiais. Co agravante de que esa zona está clasificada como ZONA VERDE. Preguntámoslle ao goberno se ten que dicir algo ao respecto, e se lle parece unha boa xestión dos residuos.
3. AUSENCIA NA FEIRA DA CULTURA GALEGA (CULTURGAL)
Preguntamos porque non se preocuparon de asistir a un escaparate de grande importancia para o turismo e a cultura, a maior feira a este respecto no noso país. A presencia era GRATUÍTA. Non entendemos como poden deixar de lado isto e ir facer promocións turísticas a Sestao, na cal, por certo, se gastaron bastantes fondos municipais.
4. ORZAMENTOS PARA O ANO 2016?
Agora que xa non poden utilizar a mentira de que “a culpa é da oposición”, que discurso van inventar?. Os grupos municipais NON TEMOS NINGUNHA información a respecto de ningún proxecto nin idea para os orzamentos de 2016.
5. OBRAS NO PAVILLÓN “VELLO”
Solicitamos a este respecto explicacións urxentes no seu momento. O goberno municipal calou, non nolas deron e incluso nos despacharon no mostrador do concello por sacarnos de diante que xa nesa semana se decepcionaba. Como tantas outras veces pasou o tempo, pasou un mes e continuou a mesma cuestión.
Queremos, pedimos e esiximos que o goberno municipal do PP e a súa alcaldesa DEAN TODA A INFORMACIÓN DO QUE OCORREU. E que expliquen porque non se amañaron os vestiarios, que precisan dunha reforma digna. Doutra forma, teremos que considerar unha moción inmediatamente plantexando unha nova reforma integral.
6. ESTADO DA RÚA 7
Consideramos e expoñemos no pleno que o pintado da praza dos autobuses é bastante mellorable
Novo pleno ordinario esta noite con 4 mocións do BNG
Hoxe xoves, a partir das 21:00h, novo pleno ordinario nas dependencias municipais do noso concello. Esta é a orde do día:
Dende o BNG presentamos catro moción neste pleno, que son as seguintes:
2. Moción do BNG relativa á elaboración dun plan municipal de emprego destinado a frear a emigración xuvenil.
3. Moción do BNG relativa á correcta sinalización horizontal na rúa 7.
4. Moción do BNG relativa á seguridade entre a rúa 5 e a rúa 6 de Santa Lucía.
Novo pleno ordinario mañá xoves
Mañá xoves 1 de outubro a partir das 21:30h asistiremos a un novo pleno ordinario do concello de Moraña. Nel trataranse diversos temas, entre eles outra modificación de crédito…que vos adxuntamos aquí:
Ademais, dende o BNG vimos de rexistrar pola vía de urxencia unha moción que finalmente será tamén debatida no pleno de mañá e na que solicitamos que o pleno adopte o acordo que permite exercer a oportunidade dada dende a Deputación provincial para definir e traballar para conseguir un proxecto ou plan de tratamento de residuos dirixido á compostaxe: