Arquivo da categoría: Plenos

Presentamos por rexistro batería de preguntas ao goberno municipal

Tal e como indicou o noso portavoz Marcos Suárez no pleno do pasado venres, entregamos por rexistro unha serie de preguntas realizadas no pleno do pasado venres. Presentamos un total de 11 preguntas de temas tan importantes como os orzamentos, o PXOM, as actuacións musicais (e o escurantismo e mentiras arredor delas) da vindeira edición da festa do Carneiro ó Espeto, sobre o estado das estradas de Santa Xusta e a de Mane-Cornide ou as obras de enganche e saneamento en Sabadín entre outras cuestións.

Por suposto, agardamos unha resposta rápida, seria e convincente por parte da Alcaldesa e do seu grupo de goberno no menor tempo posible. Adxuntámosvos as 11 preguntas e aproveitamos para convidarvos a que lle botedes unha ollada. No caso de que teñades algunha dúbida, suxerencia ou pregunta ao respecto ou sobre calquer outra cuestión ou preocupación facédenola chegar cando precisedes.

Preguntasplenoxuño2014pax2 rogosepreguntasplenoxuñopax1

 

Celebrado o pleno de xuño de 2014

O pleno celebrado onte á noite nas dependencias municipais comezou co acordo sobre a conxelación do prezo do lote do carneiro (será o mesmo do ano pasado) e tamén a apertura da piscina municipal para o 15 de xuño (informando tamén de que onte mesmo se producira a selección entre as ofertas presentadas para a súa concesión durante os vindeiros 3 meses).

                     

                                                 MOCIÓNS
Unha vez máis, e xa van moitas, o noso grupo foi o único que presentou mocións para debater e solucionar problemas e demandas dos veciñ@s. Dende o BNG-MORAÑA presentamos unha moción para a mellora do vial EP-0018 e que foi defendida polo noso por tavoz Marcos Suárez quen explicou o estado no que se atopa e lembrando que esta mellora é unha demanda veciñal fundamental xa que o estado da carretera continúa a constituír un serio perigo non só para veciños senón tamén para os usuarios da mesma. A moción, que se aprobou por unanimidade demanda o seguinte:

1. Solicitarlle ao Servizo de infraestruturas da Deputación de Pontevedra que revise a sinalización do vial EP-0018 e adopte e instale as medidas para mellorar a seguridade para os peóns.

2. Solicitarlle ao Servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra que estude a posibilidade colocar os pasos de peóns necesarios nas zonas habitadas.

Alén disto, dende o BNG presentamos por vía de urxencia unha moción contra a monarquía e a prol dun proceso constituínte de ruptura democrática ao abeiro de todo o que está a ocorrer estes días. Tedes toda a información ben detallada neste enlace do noso perfil do facebook . Cabe destacar que se ben, a moción non foi aprobada, consideramos moi positivo que se conseguise debater sobre este feito de actualidade e que quedase clara a posición de cada grupo político a respecto da forma de organización do estado e do papel da anacrónica monarquía.

                                 

                                          ROGOS E PREGUNTAS
Ante a solicitude da alcaldesa de que se lle enviasen as preguntas e rogos “por escrito” dende o BNG aceptamos e anunciamos que as presentariamos por rexistro canto antes agardando, iso si, unha resposta rápida e seria. O noso portavoz Marcos Suárez fixo un pequeno resumo no pleno das preguntas que presentaremos por rexistro entre as cales se atopan (enlace aquí).

Novo Pleno Ordinario este venres ás 21:30h

[CONVOCADO UN NOVO PLENO ORDINARIO PARA ESTE VENRES ÁS 21:30H]

Este  venres día 6 de xuño terá lugar nas dependencias do concello un novo pleno ordinario a partir das 21:30h.

O BNG-MORAÑA presenta unha moción  pola mellora da seguridade no vial provincial EP-0018 que pasa pola parroquia da Amil. Lamentablemente, volvemos  constatar, un mes máis, que o noso é o único grupo da oposición que continua presentando mocións para mellorar a situación, calidade de vida e servizos dos veciños.

Adxuntámosvos a convocatoria do pleno cos puntos da orde do día e así mesmo a nosa moción.  Lembrámosvos que estaredes puntualmente informados de todo o que ocorra neste pleno  no noso perfil de FacebooMOCION BNG MELLORA SEGURIDADE VIAL EP.0018-page-001k.

Convocatoria pleno 6 xuño