No BNG de Moraña tamén comezamos coa campaña de colada, ensobrado, reparto e actos públicos (dos que vos daremos cumprida información nos vindeiros días) en apoio á candidatura galega encabezada por Ana Miranda.
Dende o BNG temos claro que esta é a oportunidade de dicir “basta xa”, non queremos este modelo antidemocrático e antisocial de Europa que só provoca emigración, pobreza, paro e exclusión social. Este é tempo para centrar forzas nas nosas potencialidades, nas nosas amplísimas capacidades productivas; é tempo de traballar por sermos nós.
Sabemos que o voto ao BNG é #ovotoquellesdoe
Non imos rendirnos a que nos rouben o futuro.
Porque se o BNG está, Galiza está!.