Deixámosvos unha completa galería de imaxes da presentación da nosa candidatura o pasado sábado 28 coa que conseguimos ateigar de veciñ@s a Casa da Cultura e tamén de ilusión, forza, gañas, responsabilidade e determinación para traballar e presentarvos dende xa a alternativa de goberno que Moraña precisa.
As fotos son de Cathy Varela e Reis Camiña, ás que aproveitamos para agradecer a súa colaboración e disposición.