O pleno ordinario do mes de xullo e celebrado onte xoves tratou varios puntos de trámite entre os cales se atopaban a Conta Xeral do Presuposto de 2013 ou a ordenanza de saneamento integral nos cales amosamos o noso punto de vista crítico e coherente dende sempre que se trataron eses temas xa que, con respecto á Conta Xeral se trataba dun trámite puramente administrativo neste pleno, non podemos votar a favor cando non estivemos da cordo cos orzamentos de 2013 e tampouco en como se xestionaron.
Outro punto tratado no pleno foi a presentación para aprobación das Bases para a concesión de subvencións a asociacións culturais. De novo, e mantendo o voto da comisión de cultura, votamos en contra destas bases porque cremos que xa está ben de recortes, non imos apoiar que se conxele esta partida económica por segundo ano consecutivo e cremos que a aposta pola cultura e polo tecido asociativo de Moraña ten que ser maior, e non menor nestes tempos.
Na Rolda de rogos e preguntas a nosa concelleira Eva Villaverde fixo varias preguntas e rogos ó goberno municipal sobre estes temas (en vindeiros post ampliaremos a información sobre este apartado):
1.- Tasazo de Sogama
2.- Apertura das instalacións deportivas no verán
3.- Necesidade de apertura do comedor escolar no verán
4.- Escultura da Rotonda (sen luz na rotonda)
5.- Presuposto da Festa do Carneiro ó Espeto
6.- Perfís nas Redes Sociais ligados á Festa do Carneiro
7.- Presenza mínima da música e cultura galegas na Festa
8.- Programa Running Rias Baixas da Deputación