O PP efectiviza en Moraña o canon de auga e coeficiente de vertedura nos recibos da auga.
Dende o BNG estamos a recibir queixas veciñais pola suba importante dos recibos de auga, recollida de lixo, sumidoiros, coeficiente de vertedura e canon de auga.
A cuestión é que o PP a pesar do que nos intenta vender, e máis en época electoral, está a subir indiscriminadamente os impostos e taxas aos veciños e veciñas do noso Concello. Non hai moito que os veciños e veciñas foron notificados da variacións de valoracións catastrais de bens inmobles e que consecuentemente terá repercusión no recibo do IBI.
Agora, os veciños e veciñas do noso concello están a recibir a emisión de recibos para o pago de auga, recollida de lixo e sumidoiro, aos que lle suman as taxas de coeficiente de vertedura e canon de auga, e que fan incrementar os recibos considerablemente, chegando en casos ata un 135% no incremento.
Dende o BNG de Moraña lamentamos esta forma de facer política do goberno municipal do PP coa súa alcaldesa ao fronte, primeiro por non ter informado aos veciños e veciñas desta suba, e segundo, por incumprir o seu programa electoral, onde se comprometía a non subir os impostos e taxas municipais.