O BNG DEMANDA O ARRANXO DOS SEMÁFOROS DE SANTA LUCÍA

O BNG SOLICÍTALLE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE ARRANXE CON URXENCIA OS SEMÁFOROS INSTALADOS NO NÚCLEO DE SANTA LUCÍA.

Dende fai varios meses os semáforos que regulan o tráfico do cruce situado xunto ao concello de Moraña están avariados.

Hai días que funcionan ben, outros que non funcionan e outros que provocan o caos. E dicimos que provocan o caos porque se teñen dado Cruce Santa Lucíasituacións onde os semáforos se poñen en verde ao mesmo tempo, dándolle paso a todos os vehículos, o que provoca situacións de risco por colisións entre vehículos.

Desde o BNG xa se lle requiriu en sesión plenaria ao goberno municipal para que se arranxaran os semáforos, sen que a día de hoxe se teña solventado a situación. Por iso o BNG vai presentar por rexistro no concello de Moraña unha solicitude para que se tome en serio a avaría dos semáforos e se corrixan as deficiencias que teñen.

Moraña, 13 de maio de 2014

 Marcos Suárez, Portavoz Municipal do BNG

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.