Dende o grupo BNG de Moraña constatamos sobre o terreo a existencia dunha escombreira nunha zona que no PXOM de Moraña está clasificada como verde, e que se situa no entorno do Polígono de Mirallos.
Para nós o máis grave da situación é, que é o propio goberno do PP quén promove o depósito de residuos de todo tipo nese asentamento.
Proximamente o BNG denunciará o tema ante o Pleno da Corporación e ante as entidades administrativas competentes para que se depuren as responsabilidades que correspondan. Alén disto o BNG considera que existen responsabilidades políticas inmediatas polo incumprimento das normativas medioambientais vixentes e da propia normativa establecida no PXOM de Moraña.
Para BNG-MORAÑA esta situación deixa clara a pouca importancia que o medioambiente ten para o PP, que non ten reparos en incumprir as leis medioambientais e o propio PXOM, polo que a Sra. Piñeiro está desautorizada para falar de cumprimentos normativos ante os propios veciños e veciñas.