Jorge Caldas, 1º Tenente da Alcaldesa de Moraña e concelleiro do PP, chamálle “mala zorra” nas redes sociais á Presidenta da Deputación de Pontevedra.
Martes, 2 de febreiro de 2016.-
Foi o pasado venres, despois do Pleno Provincial, cando uns comentarios totalmente denigrantes e pexorativos dun simpatizante do PP en facebook dirixidos á Presidenta da Deputación, provocaron a complicidade primeiro e as posteriores insultos sexistas de Jorge Caldas, concelleiro do PP, cara a Carmela Silva nos termos de “mala zorra e sinvergüenza”.
A expresión machista que Jorge Caldas Domínguez, concelleiro do PP en Moraña e candidato ao Congreso dos Deputados do PP por Pontevedra, so pode definirse como inadmisible, intolerable e vergoñenta.
O BNG considera especialmente grave que un representante público realice un insulto sexista deste calado que atenta, non só contra un cargo público polo simple feito de ser muller, senón tamén contra a dignidade de todas as mulleres.
Estas condutas machistas non poden ter cabida en ningún espazo da sociedade e moito menos saír dun representante político que ten a obriga e responsabilidade de manter un compromiso activo na loita pola igualdade.
O portavoz municipal, Marcos Suárez, deixa claro que “Desde o BNG consideramos que o PP de Moraña e a Alcaldesa teñen que depurar responsabilidades políticas de inmediato, pois esta persoa non pode seguir nin un minuto máis ostentando a representación institucional dos homes e tamén das mulleres deste Concello. Son uns insultos inadmisibles e vergoñentos, á parte que reiterativas, o que dá mostra do carácter deste concelleiro e da permisividade do PP con comportamentos machistas deste calibre”.
En consecuencia, o BNG considera que se o PP, e nomeadamente a Alcaldesa de Moraña, non o cesan inmediatamente do goberno municipal e esixen a súa dimisión como concelleiro da Corporación Municipal, estará avalando e sendo cómplice dos seus comportamentos machistas.