Na sesión plenaria do día 5 de decembro o goberno municipal confirmáballe ao BNG a falta dun plan municipal de obras para a mellora de viais municipais en previsión do ano 2015. Para o BNG confírmase a nula xestión ou mala planificación do mantemento dos viais municipais por parte do goberno municipal ao non ter previsións e obxetivos establecidos.
No BNG consideramos prioritario que os veciños e veciñas dispoñan dunhas infraestruturas viarias en bo estado de mantemento, para que incida directamente na seguridade vial e na mellora calidade de vida de todos os cidadáns. Por iso reiteramos a nosa proposta de realizar un plan de mellora das infraestruturas viarias, pois moitas delas están intransitables e necesitan novos pavimentos e limpezas.
Así por exemplo hai numerosos lugares de todas as parroquias onde o pavimento dos camiños está intransitable, e necesitan dunha actuación urxente de repavimentado e limpeza de gavias. Por exemplo na paraxe da Rapeira no Lugar de Vilacoba da parroquia de Amil (na imaxe) os baches son extremadamente grandes e con gran profundidade, e non poden esperar a un Plan electoralista como é o Plan Marco da Xunta de Galicia.