Veñen de presentarse as listas de NÓS-CANDIDATURA GALEGA para as eleccións do 20 de decembro. A candidatura NÓS nace despois dun longo proceso social para a construción dunha candidatura galega de unidade que tivese Galiza como único suxeito de referencia e un grupo parlamentario propio como obxectivo. Máis nada e, á vez, tanto. Para NÓS eran premisas irrenunciábeis, de lei, se a fin é que Galiza estea presente onde se toman decisións que tanto nos afectan. No camiño, con xenerosidade, fóron dándose pasos para o encontro. O BNG, a única forza á marxe do bipartidismo com representación en Madrid e que sempre concorreu ás eleccións con candidaturas de seu, manifestou desde o principio a disposición a renunciar á sigla propia para favorecer o proceso de unidade. O esforzo honesto que se fixo non foi correspondido por igual por todo o mundo, mais deixou á vista quen ten vontade de defender o país como único obxectivo e quen opta por subordinar Galiza a forzas estatais que marcan a súa folla de ruta. Mais na outra cara están todas aquelas persoas e organizacións (BNG, Coalición Galega, FOG, Partido Galeguista, PCPG) que decidiron sumar forzas en NÓS, que creron que o país merecía altura de miras e volveron estreitar as mans, a se encontrar no mesmo camiño, a sementar de novo ilusión porque, ben o sabemos, é moito o que está en xogo.
A deputada autonómica do BNG Carme Adán encabeza a lista por Pontevedra
A candidatura 100% galega, a única candidatura do País, NÓS-CANDIDATURA GALEGA tamén integra ao noso compañeiro Marcos Suárez concretamente nas listas para Senado pola nosa provincia. Nesta ligazón podedes atopar a nosa candidatura ao congreso, e nesta ao Senado.
Adiante, coa forza do noso pobo!
Web: http://noscandidaturagalega.gal/
Facebook: Nós Candidatura Galega
Twitter: @noscgalega
#Gztenqueestar