Unha vez máis, o traballo do BNG de Moraña resulta efectivo e beneficioso para os veciños, neste caso para tod@s @s usuari@s da Escola Municipal de Música:
No pasado 3 de outubro o Pleno da corporación municipal aprobaba unha moción do BNG na que se instaba ao goberno municipal a buscar unha solución para a impartición de clases individuais de instrumento, ou, de non ser posíbel, se aplicasen as taxas de xeito correcto e conforme ao establecido na ordenanza reguladora. Lembremos que o PP pretendía aplicar as taxas sen ter en conta o establecido na ordenanza en vigor.
Pois ben, meses despois o goberno municipal de Moraña rectifica e está a aplicar agora as taxas que o BNG defendeu en pleno como xustas, despois de que este mesmo goberno modificase unilateralmente as condicións de impartición das clases de instrumento pasándoas a clases non individuais. Cómpre dicir que esta rectificación fíxose “ao caladiño”, sen informar aos pais e usuarios da Escola e mantendo sen cobrarlles as taxas durante varios meses ata finais da semana pasada.
En todo este proceso quedou patente a coherencia e a certeza do posicionamento, mantido e defendido dende un principio, do Bloque Nacionalista Galego de Moraña, así como, unha vez máis, a pésima xestión política e administrativa que o PP fixo no actual curso coa Escola de Música. Cando menos, unha vez máis o noso traballo obtén resultados efectivos e positivos, desta volta de cara ao conxunto dos usuarios da Escola Municipal de Música.
Achegámosvos de novo a devandita moción que presentaramos naquel pleno de outubro: