A prensa recolle a nosa solicitude de arranxo dos semáforos de Sta. Lucía

[A PRENSA FAISE ECO DA NOSA DENUNCIA ARREDOR DO ESTADO DOS SEMÁFOROS NO NÚCLEO DE SANTA LUCÍA]

Onte denunciabamos o estado dos semáforos do núcleo de Santa Lucía e solicitabamos ao concello a súa inmediata reparación. Aquí tedes o enlace: http://wp.me/p4rUfj-2L

 

Faro de Vigo (14/05/14):  “El BNG de Moraña denuncia que los semáforos del cruce del Concello se abren a la vez”

“El BNG de Moraña alerta de un problema que puede causar graves accidentes en el núcleo de Santa Lucía. El portavoz del grupo municipal nacionalista, Marcos Suárez, reclama al gobierno local que arregle “con urgencia” los semáforos del cruces existente junto a la sede del Concello. Asegura que hay días en el que su mal funcionamiento hace que se pongan en verde al mismo tiempo”(enlace á nova)

 

O BNG DEMANDA O ARRANXO DOS SEMÁFOROS DE SANTA LUCÍA

O BNG SOLICÍTALLE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE ARRANXE CON URXENCIA OS SEMÁFOROS INSTALADOS NO NÚCLEO DE SANTA LUCÍA.

Dende fai varios meses os semáforos que regulan o tráfico do cruce situado xunto ao concello de Moraña están avariados.

Hai días que funcionan ben, outros que non funcionan e outros que provocan o caos. E dicimos que provocan o caos porque se teñen dado Cruce Santa Lucíasituacións onde os semáforos se poñen en verde ao mesmo tempo, dándolle paso a todos os vehículos, o que provoca situacións de risco por colisións entre vehículos.

Desde o BNG xa se lle requiriu en sesión plenaria ao goberno municipal para que se arranxaran os semáforos, sen que a día de hoxe se teña solventado a situación. Por iso o BNG vai presentar por rexistro no concello de Moraña unha solicitude para que se tome en serio a avaría dos semáforos e se corrixan as deficiencias que teñen.

Moraña, 13 de maio de 2014

 Marcos Suárez, Portavoz Municipal do BNG

 

O BNG-MORAÑA presenta 12 alegacións contra o PXOM

Faro de Vigo (11/05/2014)

“El grupo municipal del BNG de Moraña formalizó en plazo doce alegaciones al PXOM que estuvo a exposición pública. Los nacionalistas centraron las alegaciones en el documento 2 de estrategia de actuación y estudio económico,  en el núcleo urbano consolidado de Santa Lucía, en los Solos Urbanizables Delimitados y Solos Urbanizables Non Delimitados que se proponen para desarrollo, en las alineaciones establecidas, en los núcleos de las parroquias para que se mantenga la calificación vigente y en el documento 7, el Catálogo, por contener numerosos errores… (enlace á nova)

 

 

 

Comezou a campaña do 25M: Nós, con Ana Miranda!.

No BNG de Moraña tamén comezamos coa campaña de colada, ensobrado, reparto e actos públicos (dos que vos daremos cumprida información nos vindeiros días) en apoio  á candidatura galega encabezada por Ana Miranda.

Colada BNGMoraña Colada  BNGMoraña(2)

Dende o BNG  temos claro que esta é a oportunidade de dicir “basta xa”, non queremos este modelo antidemocrático e antisocial de Europa que só provoca emigración, pobreza, paro e exclusión social. Este é tempo para centrar forzas nas nosas potencialidades, nas nosas amplísimas capacidades productivas; é tempo de traballar por sermos nós.

 

Sabemos que o voto ao BNG é #ovotoquellesdoe

Non imos rendirnos a que nos rouben o futuro.

Porque se o BNG está, Galiza está!.

O BNG cree que a ampliación das Afieiras limitará o crecemento no núcleo de Sta Lucía

Diario de Arousa

“El BNG de Moraña formalizó dentro de plazo doce alegaciones al nuevo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que durante los tres meses que permaneció expuesto al público recibió un total de 201 reclamaciones de entidades, colectivos, partidos políticos y vecinos. Una de las alegaciones nacionalistas se centra en la ampliación del polígono industrial de Afieiras. El nuevo planeamiento urbanístico hace hincapié en la carencia de suelo industrial de la que adolece Moraña, al estar “totalmente colmatados pola edificación” los parques de Mirallos y Afieiras. Así, se propone la ampliación de este último entre la zona urbana de Santa Lucía y el lugar de Grixó, en el entorno del tanatorio” (enlace á nova)  

 

 

O novo blog do BNG de Moraña

MarcosComo Portavoz Municipal do BNG douvos a benvida a este espazo que creamos na rede coa finalidade de transmitir o noso traballo, as nosas opinións e tamén de informarvos de primeira man arredor da actualidade do noso Concello.

Alén da nosa activa presenza na rede social Facebook, cun perfil que supera xa os 500 “amigos” e dende o cal ata o de agora colgabamos toda a información dos plenos, actualidade, novas, etc, queremos que esta nova ferramenta que poñemos dende hoxe á vosa disposición se constitúa nun lugar para o diálogo e interlocución con tod@s @s veciñ@s de Moraña. Unha ferramenta na que se visualice sinteticamente o traballo que o BNG fai a cotío en Moraña, xa sexa no ámbito institucional ou tamén no político e social. Agardo polo tanto, que este espazo virtual sexa unha contribución útil para facer unha Moraña mellor e con FUTURO. Seguir lendo O novo blog do BNG de Moraña

Benvidos

evavilaverdeBenvid@ á casa común do nacionalismo galego, benvid@ a este recibidor virtual do BNG de Moraña. Esperamos que este novo instrumento che permita coñecernos un pouco mellor, a nós e ao noso traballo, e te anime a seguir percorrendo os cuartos do noso humilde fogar: a porta está aberta, esperámoste na cociña. Adiante co BNG!

 

Web do Bloque Nacionalista Galego de Moraña