Tal e como indicou o noso portavoz Marcos Suárez no pleno do pasado venres, entregamos por rexistro unha serie de preguntas realizadas no pleno do pasado venres. Presentamos un total de 11 preguntas de temas tan importantes como os orzamentos, o PXOM, as actuacións musicais (e o escurantismo e mentiras arredor delas) da vindeira edición da festa do Carneiro ó Espeto, sobre o estado das estradas de Santa Xusta e a de Mane-Cornide ou as obras de enganche e saneamento en Sabadín entre outras cuestións.
Por suposto, agardamos unha resposta rápida, seria e convincente por parte da Alcaldesa e do seu grupo de goberno no menor tempo posible. Adxuntámosvos as 11 preguntas e aproveitamos para convidarvos a que lle botedes unha ollada. No caso de que teñades algunha dúbida, suxerencia ou pregunta ao respecto ou sobre calquer outra cuestión ou preocupación facédenola chegar cando precisedes.