Na rolda final, fixemos varias solicitudes, rogos e demandas ao goberno municipal a respecto de diversas cuestións. Detallámosvolas aquí:
- Gastos de representación e dietas da Alcaldesa
Solicitamos, unha vez máis, a relación de todos os gastos de representación, locomoción e dietas da Alcaldesa do ano 2015. En canto os teñamos, faremos a valoración correspondente, a respecto tamén da partida orzamentaria adicada a estas cuestións. - Falta de luz pública en Santa Lucía
Facemos chegar, unha vez mais, as amplas queixas da veciñanza a respecto da falta de luz pública en varios puntos de Santa Lucía. Queremos saber por que se tarda tanto en actuar. - Estado de depuradoras e bombeos
Preguntamos tamén se o goberno pensa adoptar medidas ao respecto das depuradoras e bombeos que están a botar por fóra como o dos lugares de Portamos, Bouza ou Amil. - Recibo de auga e lixo
Queremos saber cando prevé o goberno municipal pasar o recibo de auga de lixo do ano 2015. - ORAL
Rogamos ao goberno municipal que solicite ao ORAL o paso dos recibos do IBI á veciñanza de xeito fraccionado. - Plan de Composteiros
Queremos saber a posición final do goberno municipal neste respecto. Descarta por completo unirse a este plan? - Limpeza CPI Santa Lucía
Solicitamos unha actuación de limpeza no entorno do CPI aproveitando a Semana Santa - Filtracións augas pavillón
Advertímoslle ao goberno da constancia de filtracións de augas no pavillón, ademais de que a pintura que se botou de novo estase a levantar.