[UN TOTAL DE 7612,43 € É O QUE NOS CUSTA, AO CONXUNTO DE VECIÑ@S, COLOCAR A ESCULTURA NA ROTONDA DA COCIÑA VENDIDA POLO PP COMO “CUSTE CERO”]
Mentres o goberno municipal de Moraña defendeu que a colocación do Conxunto Escultórico alusivo á Festa do Carneiro ao Espeto non tería custe económico para o noso Concello, o BNG puido comprobar
que supuxo para as arcas municipais un gasto de 7.612,43 €, ao que teríamos que sumar os máis de 37.000 € investidos no axardinamento da rotonda.
É por iso que dende o BNG censuramos, primeiro que, o PP mentise burdamente aos veciños e veciñas de Moraña, e segundo, criticamos este gasto, que cualificamos como un auténtico despilfarro, xa que o goberno municipal de Moraña ten de sobra onde priorizar os investimentos para atender os servizos públicos que xeren unha mellor calidade de vida para os veciños e veciñas servizos públicos como son as conexións de saneamento, mellora do alumeado público, mellora de viais, abastecementos de auga, etc…
Alén disto vemos como o PP non ten o máis mínimo reparo en gastar os cartos de todos e todas en cuestións innecesarias, cando ten desatendidas, cando non totalmente esquecidos, outros ámbitos como o cultural, educativo, musical, ou a mocidade. A indecencia e o cinismo da Alcaldesa e do seu grupo de goberno non teñen límites. Minten con total impunidade e despilfarran os nosos recursos, neste caso case 8.000 euros ao que teriamos que sumar aqueles 37.000 gastados en “axardinar” co resultado que tod@s coñecedes. Inaceptable.
Enlace a esta nova no Faro de Vigo