Unha vez máis o noso traballo da os seus froitos. Neste caso, e 48 horas despois de que dende o BNG-MORAÑA fixésemos pública a denuncia sobre o defectuoso estado dos semáforos do núcleo de Santa Lucía e solicitaramos con carácter de urxencia ao goberno municipal o seu inmediato arranxo a Alcaldesa asegura na prensa (Faro de Vigo) que “se arreglarán esta semana”.
Na extensa lista de escusas coas que o goberno municipal do PP intenta tratarn@s como parv@s e esconder a súa falta de traballo e resolución dos problemas d@s veciñ@s podemos engadir dende hoxe unha nova, i é que a Alcaldesa dixo que “os técnicos municipais xa levan traballando nos semáforos UN MES e hoxe comezarán a reparalos”. Desta volta temos que escoitar que a responsabilidade é dos técnicos. É ben difícil de crer que se precisen 30 días para atopar un problema técnico, semella unha excusa para TAPAR que ela (Alcaldesa) e o seu GOBERNO estiveron un mes sen facer NADA a este respecto sabendo ademais o grao de perigosidade que conlevan os semáforos pechados neste cruce?.
Desgraciadamente, que a Alcaldesa e o seu goberno municipal fagan o seu traballo logo de que llo solicite o grupo municipal do BNG non é unha curiosa coincidencia, é un feito contrastado e denunciado por nós en varias ocasións. Esta é a realidade do goberno municipal de Moraña.